Francisco Aramburu
Francisco Aramburu, máis coñecido como Chico, nado en Uruguaiana, Río Grande do Sur, o 7 de xaneiro de 1922 e finado no Río de Xaneiro o 1 de outubro de 1997, foi un futbolista brasileiro que xogaba de dianteiro. Militou durante case toda a súa carreira no Vasco da Gama e foi internacional coa selección brasileira, coa que se proclamou subcampión do mundo en 1950, tras perder ante o Uruguai no coñecido como Maracanazo.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1922 ![]() Uruguaiana, Brasil (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 1 de outubro de 1997 ![]() Porto Alegre, Brasil ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 69 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1939 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1950 | Mundial de Fútbol Brasil 1950 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1946 | Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1946 (pt) ![]() ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Traxectoria
editarCoñecido como Chico, hipocorístico de Francisco, comezou a súa carreira como futbolista en 1939, aos 17 anos, no EC Ferro Carril, da súa vila natal.[1] Un ano máis tarde trasladouse á capital do estado, Porto Alegre, onde defendeu a camiseta do Grêmio. En 1942 foi fichado polo Vasco da Gama, na entón capital do país, Río de Xaneiro.
Chegou ao club carioca ao mesmo tempo que o adestrador uruguaio Ondino Viera e alí formou parte do equipo coñecido como o Expresso da Vitrória, xunto a futbolistas como Barbosa, Augusto, Friaça, Ademir de Menezes, Lelé, Isaias ou Jair da Rosa Pinto. Militou durante 12 anos no Vasco, marcando 127 goles en 289 partidos, e protagonizou destacados duelos ante Biguá, centrocampista do Flamengo.[1][2] Gañou co club cinco Campionatos Cariocas e o Campionato Suramericano de Campións de 1948, considerado o precursor da Copa Libertadores.[3]
Pechou a súa carreira no Flamengo, co que só chegou a disputar partidos amigables.
Selección brasileira
editarDebutou coa selección brasileira en decembro de 1945 en São Paulo, na serie de partidos da Copa Roca ante a Arxentina. O equipo brasileiro perdeu 3–4 no partido inicial, pero uns días despois resarciuse goleando por 6–2 no Estádio São Januário, o estadio do Vasco. Chico contribuíu cun gol nesa contundente vitoria, que foi a maior goleada do equipo brasileiro ante o seu máximo rival en toda a historia.[4] Finalmente o Brasil conseguiu o trofeo ao gañar por 3-1 no partido decisivo. Participou no Campionato Suramericano de 1946, onde quedou subcampión.[5] Gañou coa selección as Copas Rio Branco de 1947 e 1950.
Foi parte do cadro de xogadores brasileiros que disputou o Mundial de 1950, o primeiro celebrado no seu propio país, torneo no que xogou catro partidos, marcando catro goles. Foi titular no famoso partido final contra o Uruguai no Maracanã, no que o Brasil perdeu inesperadamente, pasando aquel encontro á historia co nome de "Maracanazo". Foi o terceiro máximo goleador do torneo, só por detrás do seu compañeiro Ademir e do uruguaio Óscar Míguez.
Trala súa retirada traballou como taxista. Faleceu no Río de Xaneiro o 1 de outubro de 1997.[1]
Palmarés
editar- Vasco da Gama
- Campionato Carioca (5): 1945, 1947, 1949, 1950, 1952.
- Campionato Suramericano de Campións (1): 1948.
- Selección brasileira
- Copa Roca (1): 1945.
- Copa Rio Branco (2): 1947, 1950.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Chico… o valente de Uruguaiana" (en portugués). 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ Rozenberg, Marcelo. "Chico" (en portugués). Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ "La máxima fiesta del fútbol continental". conmebol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ Prais, Mauro (12 de xuño de 2008). "A Rivalidade Brasil x Argentina" (en portugués). Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ "Southamerican Championship 1946". rsssf.com (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogadorno sitio web da Confederación Brasileira de Fútbol (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2009.
- Datos do xogador no sitio web do Flamengo (en portugués).