Francisco Álvarez Pena
Francisco Álvarez Pena, nado en Mugueimes (Muíños) o 1 de outubro de 1874 e finado na mesma vila o 11 de outubro de 1956, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1874 ![]() Mugueimes, España ![]() |
Morte | 11 de outubro de 1956 ![]() Mugueimes, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Traxectoria
editarFoi secretario do concello de Entrimo (1900-1908). En 1903 foi elixido deputado provincial polo distrito de Xinzo-Verín.[1] Foi nomeado rexistrador interino da propiedade de Bande en 1911.[2] Axitador e orador agrario. Interveu con Basilio Álvarez nas concentracións agrarias de Bande, Lobios e Porqueira nos anos 1913 e 1914. Tamén participou nas conferencias agrarias deses anos, intervindo na reunión preparada pola Colonia Gallega de Lisboa. Foi nomeado xuíz municipal de Muíños en 1915,[3] posto ao que renunciou en 1919.[4] Foi candidato agrario a deputado a Cortes por Bande nas eleccións de 1918. Deu unha conferencia no Ateneo de Madrid sobre Los partidos políticos actuales y los agrarios gallegos. En 1926 foi nomeado secretario do concello de Muíños,[5] presidindo a Unión Patriótica do partido de Bande na ditadura de Primo de Rivera.[6] Volveu ser nomeado secretario do concello de Muíños en 1934.[7] En 1941 pasou a ser secretario do concello do Irixo.
Vida persoal
editarcasou con María Sánchez Castro, e foi pai de María Teresa, José Ramón e Francisco Aser Álvarez Sánchez.
Notas
editar- ↑ Boletín Oficial de la Provincia de Orense, 29-4-1903, p. 1.
- ↑ Gaceta de Galicia, 22-11-1911, p. 2.
- ↑ Diario de Galicia, 28-10-1915, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 15-9-1919, p. 2.
- ↑ El Progreso, 25-2-1926, p. 3.
- ↑ La Región, 12-2-1929, p. 8.
- ↑ La Región, 28-6-1934, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Artigo "ÁLVAREZ PENA, Francisco" na Gran Enciclopedia Galega.