Francis Bertody Sumner
Francis Bertody Sumner, nado en Pomfret (Connecticut) o 1 de agosto de 1874 e finado o 6 de setembro de 1945, foi un zoólogo, ictiólogo e escritor estadounidense.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1874 ![]() Pomfret, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Morte | 6 de setembro de 1945 ![]() |
Profesor emérito | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Minnesota (pt) ![]() Universidade Columbia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, ictiólogo ![]() |
Empregador | Scripps Institution of Oceanography (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Profesores | Bashford Dean (pt) ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Minnesota e na Universidade de Columbia, onde en 1901 conseguiu o doutoramento (PhD) cunha tese sobre a embrioloxía dos peixes.[3] Foi director do Laboratorio da Oficina de Pesquerías dos Estados Unidos en Woods Hole. Traballou como profesor de bioloxía na Institución Scripps de Oceanografía.[3][4] Sumner foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1937 e da Sociedade Filosófica Americana en 1938.[5][6]
Sumner recolleu moitas subespecies do roedor Peromyscus en California. Tamén estudou os pigmentos dos peixes.[3]
Fixo experimentos con roedores criados a distintas temperaturas, observando a herdanza na descendencia de distintas características, que foron discutidos dentro da polémica entre o lamarckismo e o darwinismo.[3][7]
Publicacións
editar- A Biological Survey of the Waters of Woods Hole and Vicinity (1913)
- Heredity, Environment, and Responsibility (1921)
- Genetic, Distributional, and Evolutionary Studies of the Subspecies of Deer Mice (Peromyscus) (1932)
- The Life History of an American Naturalist (1945)
Notas
editar- ↑ Hubbs, Carl L. (1945). "Francis B. Sumner; 1874 - 1945". Copeia 4: 183–184. JSTOR 1438348.
- ↑ Provine, William B. (1979). "Francis B. Sumner and the evolutionary synthesis". Studies in History of Biology 3: 211–40. PMID 11610986.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Child, Charles Manning. (1948). Biographical Memoir of Francis Bertody Sumner. En Biographical Memoirs. National Academy of Sciences 25: 147-173.
- ↑ Huestis, R. R. (1946). "Francis Bertody Sumner, 1874-1945". Journal of Mammalogy 27 (1): 1–3. JSTOR 1375136. doi:10.2307/1375136.
- ↑ "Francis Sumner". www.nasonline.org. Consultado o 2023-05-15.
- ↑ "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2023-05-15.
- ↑ Wesley R. Coe. Francis Bertody Sumner: August 1, 1874-September 6, 1945 [Obituary]. Science. New Series, Vol. 102, No. 2649 (5 de outubro de 1945), pp. 344-346 (3 páxinas). Publicado por: American Association for the Advancement of Science