Francesinha
A Francesinha é un tipo de sándwich típico da cociña lusa moderna. A máis coñecida é a da cidade de Porto.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/9d/Francesinha_em_Vila_Nova_de_Gaia.jpg/220px-Francesinha_em_Vila_Nova_de_Gaia.jpg)
- Este artigo trata sobre un tipo de sándwich, para o cogomelo do xénero "Amanita" véxase o artigo "Francesiña".
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/4/43/Francesinha.jpg/220px-Francesinha.jpg)
Consiste dunha torrada de pan branco rechea con diversos tipos de embutidos e carne: xamón cocido, chourizo, mortadela, filete de tenreira ou porco, recuberta de lonchas de queixo gratinado e regado por un mollo picante (feito a partir de cervexa e tomate). O bocadillo inventouno supostamente un cociñeiro emigrante que retornou de Francia. Existen moitas variantes acerca da súa orixe. Trátase dun prato contundente e que se adoita tomar antes ou logo dunha noite de esmorga (tanto de cea tardía como de almorzo contundente).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francesinha |