Fragua Social
Fragua Social foi un xornal editado pola Confederación Nacional do Traballo (CNT) na rexión de Valencia entre 1936 e 1939.
Fragua Social | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1936 |
Remata | 1939 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Valencia |
ISSN | 9969-1132 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarEn xullo de 1936, milicianos valencianos incautaron o diario Las Provincias e nos seus talleres imprimiron, o inicialmente unitario, Fragua Social,[1] que posteriormente quedaría como órgano da CNT en Valencia. O xornal tratou de ser algo máis que un rotativo sindical acompañando as opinións con informacións xerais, espectáculos e caricaturas de Vas e Muro. O seu director foi Manuel Villar Mingo.
En 1939, deixou de se editar, e só reapareceu de xeito clandestino en 1944 editado por Ramón Rufat pasando a ser semanario e chegando aos 6.000 exemplares de tirada entre 1944 e 1946. Posteriormente, seguiuse editando mais sen continuidade, con varias interrupcións e reaparicións.
Trala morte de Francisco Franco, volveu saír en 1976 (Alacant e Valencia) como portavoz rexional de CNT do País Valenciano, chegando a 25 números até 1980, data na que foi autodisuelto tralas divisións internas entre CNT-Renovada (actual CGT, Confederación General del Trabajo) e a CNT-Histórica (actual CNT-AIT). De novo, volveu editarse entre 1994 e 1999, con 30 números. Como portavoz da CNT acadou máis de 800 números e tivo unha tirada de 40.000 exemplares. Entre os seus redactores figuraron Jesús Muro, Félix Paredes, Enrique López Alarcón, Gastón Leval, Juan López, etc.
No ano 2006, a CGT en Valencia recuperou o nome da cabeceira, editando dous boletíns en papel. A partir de 2016, a Rexional de Levante da CNT-AIT continuou coa VIª época.[2]
En América
editarTamén, en 1963, apareceu un xornal homónimo en Caracas, portavoz da CNT reunificada de Venezuela que apenas chegou ós 3 números.
Notas
editar- ↑ "PRENSA DE LA CNT PRESUME DE QUE UN MILICIANO HA ASESINADO A UN SACERDOTE. 1936". memoriarepublicana.com (en castelán). 01-02-2016. Consultado o 20-04-2019.
- ↑ "Fragua Social". Confederación regional de Levante CNT/AIT (en castelán). Consultado o 20-04-2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Iñiguez, Miguel. Esbozo de una enciclopedia histórica del anarquismo español. Fundación de Estudos Libertarios Anselmo Lorenzo, Madrid, 2001; px.235.
- Madrid Santos, F. (1989). La prensa anarquista y anarcosindicalista en España desde la I Internacional hasta el final de la Guerra Civil (tese, CC BY 3.0 ES) (en castelán). UB.
Ligazóns externas
editar- Fragua Social no Catálogo Colectivo de la Red de Bibliotecas de los Archivos Estatales (MECD).