Fotije Sladojević
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Fotije Sladojević, nado como Rade Sladojević en Dujakovci o 1 de febreiro de 1961, é un eclesiástico ortodoxo serbio, bispo de Dalmacia dende 1999.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1961 ![]() Dujakovci, Bosnia e Hercegovina (en) ![]() ![]() |
Bispo | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa serbia ![]() |
Educación | Faculty of Orthodox Theology, University of Belgrade (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote ![]() |
Consagración | Patriarch Pavle of Serbia ![]() |
Traxectoria
editarNaceu o 1 de febreiro de 1961 en Dujakovci, no concello de Banja Luka, na República Socialista de Bosnia e Hercegovina.[1] Fixo os seus estudos básicos en Čurug, e a secundaria en Novi Sad.[1] Posteriormente, en 1983, ingresou na Facultade de Teoloxía Ortodoxa da Universidade de Belgrado, graduándose en 1988.[1] Posteriormente estudou un posgrao na Universidade de Erlangen-Nürnberg (Alemaña).
Logo da súa volta, en 1990 ingresou no mosteiro de Kovilj, situado na eparquía de Bačka.[1] No mesmo ano foi ordenado arquidiácono e, en 1991, foi ordenado hieromonxe polo bispo Irinej Bulović.[1] Entre 1992 e 1993 estivo no mosteiro de Bođani, e entre 1993 e 1998 foi profesor no Seminario de Santo Arsenio de Sremski Karlovci.[1]
O 30 de maio de 1999 foi consagrado bispo de Dalmacia na catedral de Sremski Karlovci, e foi nomeado tamén administrador temporal da eparquía de Gornji Karlovac.
Notas
editar
Dignidades da Igrexa ortodoxa | ||
---|---|---|
Predecesor: Longin Krčo |
Bispo de Dalmacia 1999 - 2017 |
Sucesor: Nikodim Kosović |
Predecesor: Hrizostom Jević |
Bispo de Zvornik-Tuzla dende 2017 |
Sucesor: (no cargo) |