Foro romano de Clunia Sulpicia
O Foro romano de Clunia Sulpicia é un complexo monumental construído no século I na antiga cidade de Clunia, situada entre as cidades actuais de Coruña del Conde e Peñalba de Castro, no sur da provincia de Burgos.
Historia
editarConstruíuse no século I, quizais debido ao nomeamento da cidade como capital de convento xurídico, aínda que é posterior ao primeiro trazado urbano da cidade, como demostra a reestruturación que se observa na Casa 3.[1]
A finais do século III notouse o cesamento da actividade nas tabernaes e no século IV os niveis de ocupación da basílica indican que a decoración xa desaparecera.
Características
editarNo foro desenvolvéronse as actividades políticas, comerciais, xudiciais e relixiosos do municipio, pero tamén as relacionadas co feito de que Clunia fose a capital dun convento xurídico. Está situado no centro da cidade, no punto máis alto do outeiro. A planta é rectangular, de 160 m de lonxitude e 115 de anchura.[2]
Como resultado das escavacións na súa parte oriental, sábese que albergaba os seguintes edificios:
- A basílica coincidía en ancho co foro e estaba situada no seu lado norte. Consta de tres naves, na central, onde se atopaba o tribunal e na do lado norte estaba acaroada ao Aedes Augusti e algunhas salas.
- O templo estaba situado no lado sur e foi adicado ao deus Xúpiter. Constaba dunha planta rectangular absidiada na parte traseira e situabase sobre un podio, atopáronse as filas inferiores, as bases e as molduras da súa fachada. O acceso á parte superior facíase por ambos lados da fachada, deixando un espazo intermedio como unha tribuna ao pé do templo.
Tras do templo había un espazo con propósitos relixiosos, delimitado para separalo do resto do foro por medio de dous muros curvos. O recinto quedou pechado ao sur por un pórtico sobre un pavimento, interrompido por unha aula aberta no eixe co templo. Neste espazo atopouse un tanque de posible uso ritual.[3]
- As tabernae localízanse na parte oriental e occidental do foro. A súa función comercial reforzouse pola existencia dun dobre pórtico columnado na súa fronte. É posible que os espazos centrais deste sector servisen como santuarios ou templos de menor rango.
Notas
editar- ↑ Iglesia e Tuset 2012, p. 21.
- ↑ Palol 1969, p. 77.
- ↑ Iglesia e Tuset 2012, p. 45.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Foro romano de Clunia Sulpicia |
Bibliografía
editar- Iglesia, Miguel Ángel de la, Tuset, Franscesc (2012). Colonia Clvnia Svlpicia. Ciudad romana. Burgos: Diputación de Burgos. ISBN 978-84-95874-78-8.
- Palol, Pedro de (1969). Guía de Clunia (5ª ed.). Burgos: Diputación de Burgos. Servicio de investigaciones arqueológicas. ISBN 84-500-7763-X.