Fornells
vila de Es Mercadal, Menorca
Fornells é unha vila situada na parte norte da illa de Menorca, pertencente ao concello de Es Mercadal. Os habitantes de Fornells chámanse fornellers e fornelleres. Está protexida da tramontana dentro da baía do mesmo nome.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | |||
Provincia histórica | provincia de Baleares | |||
Illa | Menorca | |||
Concello | Es Mercadal ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 12 m ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 07748 ![]() | |||
Política
editarDurante a primeira década do século XXI constituíuse unha plataforma que pretendía a segregación de Fornells e a súa constitución como municipio independente.[1] A solicitude foi rexeitada tanto polo Consello Insular de Menorca[2] como polo Tribunal Superior de Xustiza de Baleares.[3]
Demografía
editarGráfica de evolución demográfica de Fornells entre 2002 e 2012 |
![]() |
Datos segundo o nomenclátor publicado polo INE. |
Notas
editar- ↑ Jo dic Sí al Municipi de Fornells. Plataforma per a la Segregació de Fornells.
- ↑ Resolució expedient relatiu a la constitució del municipi de Fornells per segregració del des Mercadal, Boletín Oficial das Illas Baleares, n.º 30, 6 de marzo de 2003.
- ↑ Tercer revés judicial del TSJB contra la Plataforma per a la Segregació de Fornells Arquivado 25 de agosto de 2021 en Wayback Machine., Última Hora, 19 de decembro de 2007.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fornells |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fornells na páxina oficial do concello de Es Mercadal Arquivado 25 de agosto de 2021 en Wayback Machine. (en catalán)