Fonte escrita
A fonte escrita é a fonte documental que adoita ser empregada como fonte historiográfica, é dicir, o vehículo habitual de conservación da memoria histórica que os historiadores empregan para a reconstrución, análise e interpretación do pasado da humanidade, é dicir: a Historia.
Non convén esquecer que durante a maior parte do pasado da humanidade (a Prehistoria) non existía a escritura; e que ata no pasado máis recente (a Historia), só unha minoría culta producía documentos escritos. Ter en conta só as fontes escritas produce unha desviación que privilexia aos testemuños das clases dirixentes, a historia política, a historia militar, a relixión e a ideoloxía dominante. Ademais calquera fonte escrita faise como xustificación dalgunha forma do que o produce, polo que deben de tratarse con prudencia, e en moitas ocasións con verdadeiro escepticismo.
Para o tratamento das fontes escritas e a diferenza entre fonte e documento véxase fonte documental.
Tipos de fontes escritas
editar- Fonte bibliográfica; a de publicación puntual: os seus documentos son os libros. Recopílanse nas bibliotecas.
- Fonte hemerográfica; a de publicación periódica: os seus documentos son os xornais e revistas. Recopílanse nas hemerotecas.
- Fonte epigráfica; a que se manifesta en espazos públicos, formando parte da arquitectura ou de monumentos: os seus documentos son as inscricións estudadas pola epigrafía.
- Fonte arquivística; a non publicada, senón xpara o seu propio uso por quen a produciu (o autor ou fonte). Os seus documentos ás veces destrúense, ou se se considera que a súa conservación é pertinente, quedan depositados nun arquivo para a súa recompilación. Pode ser tanto un arquivo privado como un arquivo público: arquivo de empresa, arquivo institucional, arquivo eclesiástico (arquivo parroquial, arquivo episcopal, Arquivo Segredo Vaticano), arquivo municipal, arquivo provincial, arquivo estatal etc.
Fontes escritas e ciencias auxiliares
editarPara cada unha das ciencias auxiliares da historia que teñen que ver coas fontes escritas:
- O estudo dos documentos corresponde á diplomática.
- A súa conservación e ordenación corresponde á arquivística e a biblioteconomía.
- O estudo da historia da escritura manual é a paleografía.
- O estudo dos tipos de imprenta é a tipografía.
- Para as novas formas de fixación das fontes escritas ver tecnoloxías da información.