Fokker Dr.I
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2013.) |
O Fokker Dr.I Dreidecker (triplano) foi un caza da primeira guerra mundial fabricado por Fokker-Flugzeugwerke. O Dr.I foi moi utilizado na primavera de 1918. Fíxose coñecido per ser o avión co cal Manfred von Richthofen obtivo as súas derradeiras 19 vitorias, e no cal morreu o 21 de abril de 1918.
Fokker Dr.I | |
---|---|
![]() | |
Tipo | caza |
Fabricante | Fokker-Flugzeugwerke |
Deseñado por | Reinhold Platz |
Primeiro voo | 5 de xullo de 1917 |
Principais usuarios | Luftstreitkräfte |
Unidades construídas | 320 |
Deseño
editarEn febreiro de 1917, o Sopwith Triplane comezou a aparecer sobre a fronte occidental. A pesar do seu armamento composto por unha única metralladora Vickers, o Sopwith rapidamente demostrou ser superior aos cazas máis fortemente armados Albatros, entón en uso pola Luftstreitkräfte. Fokker-Flugzeugwerke respondeu convertendo o prototipo non rematado dun biplano no V.4, un pequeno triplano con motor rotativo, fuselaxe de tubo de aceiro e grosas ás en saínte. Nun principio foi desenvolvido durante a colaboración mandada polo goberno con Hugo Junkers. As primeiras probas revelaron que o V.4 tiña unhas forzas de control inaceptadamente altas, debido ao uso de aleróns e elevadores non equilibrados.
No lugar de presentar o V.4 para unha proba do modelo, Fokker fabricou un prototipo revisado designado V.5. Os cambios máis destacables foron a introdución de aleróns e elevadores equilibrados, ademais de ás máis grandes. O V.5 tamén contaba con puntais entre os planos, que non eran necesarios dende un punto de vista estrutural, pero minimizaban a flexión das ás. O 14 de xullo de 1917, Idflieg realizou un pedido de 20 avións de pre-produción. O prototipo V.5, número de serie 101/17, foi probado ata a súa destrución en Adlershof o 11 de agosto de 1917.