Florentina Fernández Alonso
vítima da represión franquista
Florentina Fernández Alonso, coñecida como Cataplina, nada en Saxamonde (Redondela) cara a 1894 e finada en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) o 1 de xaneiro de 1937, foi unha vítima da represión franquista en Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 ![]() Saxamonde, España ![]() |
Morte | 1 de xaneiro de 1937 ![]() Santo Estevo de Budiño, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Cataplina ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Ángel Matilde Migueles ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarVeciña de Louredo casada con Ángel Matilde Migueles. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida por non delatar ao seu home fuxido. Vexada polos gardas cívicos e gardas civís que persegían ao seu home, foi asasinada en Budiño o 1 de xaneiro de 1937. A súa morte foi rexistrada a causa de "combate sostido coas forzas do exército".
Vida persoal
editarCasou con Ángel Matilde Migueles en 1915,[1] e foi nai de Tomás Matilde Fernández e outros cinco fillos.
Notas
editar- ↑ Noticiero de Vigo, 31-1-1915, p. 3.