Flevopolder é unha superficie de varios pólders en terras gañadas ao mar situada na provincia de Flevoland nos Países Baixos. Flevopolder componse de dous pólders, o pólder meridional (Zuidelijk) drenado e construído en 1968 e o oriental (Oostelijk) finalizado antes en 1955. A diferenza doutros pólders, Flevopolder está rodeado completamente por auga, polo cal pode dicirse que é unha illa, ás veces é considerada a illa artificial máis grande do mundo.[1] Flevopolder xunto co Noordoostpolder, forman a provincia de Flevoland xa que esta está feita enteiramente de pólders.

Modelo:Xeografía físicaFlevopolder
Imaxe
TipoPólder
Illa artificial Editar o valor en Wikidata
EpónimoLake Flevo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaFlevoland, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Mapa
 52°27′N 5°30′L / 52.45, 5.5
Composto por
Características
Superficie970 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1950 Editar o valor en Wikidata
Vista aérea do Flevopólder

O nome de "Flevopolder" tómase do antigo lago Flevo que foi secado enteiramente pola construción de terras gañadas ao mar. Actualmente o Flevopolder sitúase nunha gran parte do orixinal lago Flevo.

Fontes fluviais

editar

Flevopolder está completamente rodeado por auga, bañado polos lagos de Ketelmeer, Vossemeer, Drontermeer, Veluwe, Wolderwijd, Nuldernauw, Nijkerkernauw, Eemmeer, Gooimeer, Markermeer, IJmeer e o IJsselmeer

  1. "Dutch Flevoland - The Largest Man-Made Island". www.tourism-review.com. 28 de abril de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar