Fitz-James O'Brien
Fitz-James O'Brien[1], nado en Cork o 31 de decembro de 1828 e finado en Cumberland (Maryland) o 6 de abril de 1862, foi un escritor irlandés en lingua inglesa.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1828 ![]() Cork, Irlanda ![]() |
Morte | 6 de abril de 1862 ![]() Cumberland, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | Tétano ![]() |
Educación | Trinity College Dublín ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, xornalista, escritor de ciencia ficción ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Library of the World's Best Literature Appletons' Cyclopædia of American Biography ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Cun estilo próximo ao de Poe, Ambrose Bierce ou H.P. Lovecraft, é considerado un dos precursores da ciencia ficción. Nos comezos (1853) publicou na Harper's Magazine, tanto prosa como composicións poéticas. Así mesmo escribiu para New York Saturday Press, Putnam's Magazine, Vanity Fair e Atlantic Monthly.
Destacan dentro da súa obra os relatos What Was It? e A lente de diamante (The Diamond Lense).
Notas
editar- ↑ Tamén escrito Fitz James O'Brien.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía do autor (en inglés)
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |