Final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939
A final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 foi a 37ª final da Copa do Rei. Disputouse no estadio de Montjuïc de Barcelona o 25 de xuño de 1939. O vencedor foi o Sevilla FC, que venceu por 6-2 Racing de Ferrol, facéndose co seu segundo título.[1][2]
Tipo | association football final (en) |
---|---|
Deporte | fútbol |
Parte de | Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Olímpico Lluís Companys (Montjuïc) 41°21′53″N 2°09′20″L / 41.36472, 2.15556 |
País | España |
Data | 1939 |
Datos estatísticos | |
Número de espectadores | 60.000 |
Contexto
editarA de 1939 foi a primeira final de Copa dende o comezo da guerra civil, que rematara había menos de tres. Elixiuse como sede o estadio de Montjuïc por motivos políticos, como castigo para a cidade de Barcelona, que fora unha das últimas en ser conquistadas polas tropas franquistas.[3][4] A anterior final disputada fora a da Copa do Presidente da República de 1936, que enfrontara a Madrid CF e FC Barcelona no estadio de Mestalla en Valencia, con vitoria para o equipo madrileño.
Finalistas
editarFoi a segunda final de Copa que disputou o Sevilla, que anteriormente gañara a de 1935 contra o Sabadell en Chamartín, cun resultado de 3-0. Pola súa banda, para o Racing de Ferrol foi a primeira e única final da súa historia. O club galego nin sequera militaba nunha categoría nacional no momento do estalido da guerra, pois na tempada 1935/36 tivera que se conformar con disputar o Campionato de Galicia, despois de descender dende a Segunda División na 1934/35.[5]
Camiño á final
editar- Artigo principal: Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939.
O Sevilla chegou á final despois de eliminar ao Ceuta Sport nos oitavos de final, ao Aviación Nacional nos cuartos e ao Alavés nas semifinais. Pola súa parte, o Racing de Ferrol pasou automaticamente nos oitavos de final, ao se retirar a selección de Asturias, mentres que a continuación derrotou dous clubs vascos, o Donostia e o Baracaldo Oriamendi, con resultados globais de 3-1 e 3-2 respectivamente.
Detalles
editarSevilla | 6 – 2 | Racing de Ferrol | 25 de xuño de 1939 – Montjuïc, Barcelona Árbitro: Arribas Seijas |
Raimundo 5' Campanal I 20' 27' 62' Pepillo I 38' 42' |
Informe |
Silvosa 53' (p.) 56' | |
|
|
Notas
editar- ↑ "El Sevilla, campeón de España". El Pueblo Gallego (en castelán) (4919). 27 de xuño de 1939. p. 8. Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Sevilla F. C. conquistó la Copa del Generalísimo al vencer al Racing ferrolano, por seis tantos a dos". El Ideal Gallego (en castelán) (6131). 27 de xuño de 1939. p. 4. Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Lara, Miguel Ángel (15 de marzo de 2012). "1939, Barcelona 'castigada' con la final de la Copa del Generalísimo". Marca (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Torneo Nacional de Fútbol" (en castelán). 24 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Lozano, Carles (1 de abril de 2020). "1934-36: El último intento de conjugar la Liga española y los Campeonatos Regionales". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (119). ISSN 1989-6379. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de xaneiro de 2022.