Filmes propostos ó mellor filme internacional na 45ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 22 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 45ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, Israel, España, Suecia e a Unión Soviética. O galardón recaeu sobre Francia, co filme O discreto engado da burguesía, sendo a quinta vez que gañou o premio dende a súa creación.[1]

Luis Buñuel, director do filme gañador.

Kuwait presentou un filme por primeira vez.

Propostas

editar
País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Occidental Trotta Alemán Johannes Schaaf Non nomeado
  Bélxica Les Tueurs fous Francés Boris Szulzinger Non nomeado
  Brasil Como Era Gostoso o Meu Francês Tupí, portugués e francés Nelson Pereira dos Santos Non nomeado
  Bulgaria Koziyat rog Búlgaro Metodi Andonov Non nomeado
  Canadá La Vraie Nature de Bernadette Francés Gilles Carle Non nomeado
  Dinamarca Man sku' være noget ved musikken Dinamarqués Henning Carlsen Non nomeado
  España Mi querida señorita Castelán Jaime de Armiñán
Nomeado
  Exipto Zawgaty Wal Kalb Árabe Said Marzouk Non nomeado
  Francia O discreto engado da burguesía Francés e castelán Luis Buñuel Premio da Academia
  Hungría Jelenidő Húngaro Péter Bacsó Non nomeado
  India Uphaar Hindi Sudhendu Roy Non nomeado
  Israel Ani Ohev Otach Rosa Hebreo Moshé Mizrahi
Nomeado
  Italia Roma Italiano Federico Fellini Non nomeado
  Iugoslavia Majstor i Margarita Serbocroata Aleksandar Petrović Non nomeado
  Kuwait Bas Ya Bahar Árabe Khalid Al Siddiq Non nomeado
  Perú Espejismo Castelán Armando Robles Godoy Non nomeado
  Polonia Perla w koronie Polaco Kazimierz Kutz Non nomeado
  Suecia Nybyggarna Sueco Jan Troell
Nomeado
  Suíza La Salamandre Francés Alain Tanner Non nomeado
  Taiwán Qiu Jue Chinés Li Hsing Non nomeado
  Unión Soviética A zori zdes tikhie Ruso Stanislav Rostotsky
Nomeado
  Xapón Gunki hatameku moto ni Xaponés Kinji Fukasaku Non nomeado
  1. oscars.org (ed.). "The 45th Academy Awards (1973) Nominees and Winners". Consultado o 30 de novembro de 2011.