Español: A Real Colexiata de Santa María do Campo é un templo católico situado na Coruña.
Trátase dunha pequena igrexa do século XIII que se comezou a edificar en 1296 e ficou constituída en parroquia no 1302. Chámaselle "do Campo" porque primitivamente estaba fóra dos muros da cidade. Desde moi antigo foi igrexa dos gremios do mar e do comercio.
No ano 1441 o arcebispo de Santiago Lope de Mendoza erixiu a igrexa como colexiata, e no ano 1494 o papa Alexandre VI concedeulle o título de abadía.
Ao longo do século XVIII houbo varios intentos de reedificación, pero ningún se levou a cabo. A finais do século XVIII e principios do XIX leváronse a cabo as obras de ampliación adiantándose nelas a portada.
Levántase sobre unha escalinata e está precedida por un dos cruceiros máis antigos de Galicia (s. XV). É unha igrexa composta por tres naves rematadas nunha ábsida semicircular con tendencia oxival que mostra a persistencia do románico galego até ben entrado o gótico. A súa fachada principal, fronte ao pazo de Cornide, presenta un rosetón e sobre a súa portada da entrada levántase unha arcada cuxo tímpano está decorado con esculturas de apóstolos que lembran ao Pórtico da Gloria. A fachada actual, de 1789, incorporou a portada primitiva. Xa no seu interior, as imaxes máis representativas son a Ascensión e maila talla de Santa María a Magdalena.
Esta imaxe cargouse orixinalmente en Flickr. A súa licenza "cc-by-2.0" foi confirmada pola extensión UploadWizard no momento da súa carga en Commons. Vexa a información de licenza para máis detalles.
recoñecemento – Debe indicar a debida atribución de autoría, fornecer unha ligazón á licenza e indicar se se realizaron cambios. Pode facer isto de calquera forma razoable, mais non nunha forma que indique que quen posúe a licenza apoia ou subscribe o seu uso da obra.
https://creativecommons.org/licenses/by/2.0CC BY 2.0 Creative Commons Attribution 2.0 truetrue
Pés de foto
Engade unha explicación dunha liña do que representa este ficheiro
Este ficheiro contén información adicional, probablemente engadida pola cámara dixital ou polo escáner usado para crear ou dixitalizar a imaxe. Se o ficheiro orixinal foi modificado, poida que algúns detalles non se reflictan no ficheiro modificado.