Festival da Canción de Turkvisión Bala
O Festival da Canción Turkvisión Bala (en turco: Bala Türkvizyon Şarkı Yarışmaisı), é un concurso de canción anual, inspirado no formato do Festival de Eurovisión Júnior. A primeira edición tivo lugar en Turquía en 2015. Está permitida a participación de países e rexións de fala e etnia turca no festival. Ademais, as cancións teñen que estar na lingua nacional de cada país.
Festival da Canción de Turkvisión Bala Festival da Canción de Türkvizyon Bala Bala Türkvizyon Şarkı Yarışmaisı | |
---|---|
Localización | País de Eurasia que recibe a Capital Turca de Cultura[1] (non se trata do país que gaña a edición anterior; véxase sección de Formato.) |
Anos | 2015-presente |
Nº edicións | 1 |
Fundadores | TRT |
Data | Decembro |
Xénero | Música túrquica |
Organizador | TRT |
Web oficial | Turkcevizyon Bala |
Na rede |
Formato
editarTurkvisión Bala é un concurso de canción anual baseado no formato similar do Festival da Canción de Eurovisión Júnior. Turkvisión Bala céntrase principalmente na participación de países e rexións turcas. Un xurado de cada nación puntúa entre 1 e 10 puntos a favor de cada actuación, expecto a súa propia. Na Gran Final, o xurado determina o gañador. A diferenza do Festival da Canción de Eurovisión Júnior, no cal o país gañador procede a ser o anfitrión do evento do ano seguinte, o Festival da Canción Turkvisión Bala ten lugar no país ou rexión que tamén recibe a a Capital Turca de Cultura.[1]
Participantes
editarPaíses gañadores
editarPaís | Total | Anos gañados | |||
---|---|---|---|---|---|
Azerbaidján | 1 | 0 | 0 | 1 | 2015 |
Kazakhstán | 0 | 1 | 0 | 1 | N/A |
Xeorxia | 0 | 0 | 1 | 1 | N/A |
Sedes
editarSede | País/Rexión | Cidade | Ano |
---|---|---|---|
1 | Turquía | Istanbul | 2015 |
Kazakhstán | Astana | 2017 |