Festas de Jól
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As Festas de Jól son unha celebración escandinava, relacionada coa mitoloxía nórdica e o paganismo xermano, celebradas cada solsticio de inverno.

Historia
editarActualmente na cultura neopagana, esta celebración foi reconstruída en moi variados grupos, coma no caso da relixión Wicca: unha forma de celebrar estas festas é a través de "oito días solares festivos", chamados comunmente "Sabbats da roda anual". As festas de Jól son celebradas no solsticio de inverno: no hemisferio norte, preto do 21 de decembro, e no hemisferio sur, ao redor do 21 de xuño.