Fervenza do Belelle
A fervenza do Belelle é unha formación natural no curso do río Belelle. Áchase moi achegada ás Fragas do Eume, no concello coruñés de Neda, preto da aldea do Roxal.
Tipo | fervenza | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Anca, España | |||
| ||||
Descrición
editarA auga precipítase nunha parede granítica dende 45 metros de altura, sendo unha das maiores fervenzas de Galiza. Na base existen pozas naturais. A contorna é de alto valor ecolóxico e paisaxístico. Arrodéase de fragas e castañais.
Preto áchase unha central hidroeléctrica, polo que parte do ría conta cunha canle de auga. A central foi construída a comezos do século XX para dotar de electricidade á achegada cidade de Ferrol. Como o salto natural só tiña 45 metros de altura construíuse unha cal até o Monte Marraxón, onde se acadaban os 125 metros de caída actual. A central aínda opera na actualidade.
A fervenza é unha das máis espectaculares de Galiza. O río ten caudal todo o ano, mais no outono e no inverno aumenta, sendo a mellor época para ollar o abanqueiro. Nos arredores da fervenza existen algunha rutas de sendeirismo.
Situación
editarAtópase preto da aldea do Roxal, en Neda. Dende O Roxal cóllese unha estrada estreita até a central hidroeléctrica. Dende aló cómpre ir a pé uns metros até chegar á freixa.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Galiciaenpie.com (en castelán).