Fernando Zunzunegui

futbolista galego

Fernando Zunzunegui Rodríguez, nado en Vigo o 5 de outubro de 1943 e finado en Madrid o 28 de agosto de 2014[1], foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

Modelo:BiografíaFernando Zunzunegui
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 2014 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 1974 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1962–1963   Celta Fortuna
1963–1965   Celta de Vigo 55(3)
1965–1973   Real Madrid CF 76(4)
1973–1976   Levante UD 24(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1962–1962   España sub-18 2(0)

Traxectoria

editar

Comezou a xogar no equipo xuvenil do Chao, pasando rapidamente ao Celta de Vigo. Nun primeiro momento foi cedido ao Turista, porén o xa internacional xuvenil foi repescado tendo aínda tempo a debutar co primeiro equipo esa mesma tempada. Pronto se fixo cun posto na defensa titular. A tempada 1964-1965 foi o seu ano máis completo no Celta pero tamén o último

Rematada a tempada comezaron a chegar ofertas polo defensa vigués, fichando finalmente polo Real Madrid o 17 de xuño de 1965 a cambio de millón e medio de pesetas e as cesións de Pedrito, Lavandera e Roberto. No equipo madrileño xogou durante seis tempadas en varias posicións, disputando un total de 76 encontros. A pesar da súa boa traxectoria sempre se lle recordará o autogol que anotou na final da Copa de 1968 que deu a vitoria ao FC Barcelona por 1-0.

No ano 1973 e despois de enfrontamentos co adestrador Miguel Muñoz marchou para o Levante UD a xogar en Segunda División.

Palmarés

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar