Fernando Villapol Parapar
Fernando Villapol Parapar, nado en Santiso de Abres (Asturias) o 26 de febreiro de 1953, é un museólogo e crítico de arte, pero máis coñecido como escultor contemporáneo galego.[1] Casado coa profesora María Antonia Salgado,[2] son pais da científica Sonia Villapol,[3]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1953 ![]() Santiso de Abres, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor ![]() |
Familia | |
Fillos | Sonia Villapol Salgado ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarTen desenvolvido o groso da súa vida e traballo en Bretoña (Terra Chá, Lugo). Fundou o Museo Etnográfico-Pedagóxico Villapol en Bretoña. Estudou na Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón en Lugo, aínda que considérase autodidacta. Atribúe moitos dos seus coñecementos ás súas viaxes e investigacións escultóricas a traverso de países como Cuba, Canadá, Dinamarca, Francia, Grecia, Italia, Noruega, Portugal, Suecia ou varios de África.
As súas esculturas teñen como base gran variedade de materiais, como o metal (ferro, bronce), madeira (castiñeiro, carballo, teixo) ou pedra (mármore, granito).
A definición que se fai do seu traballo nas críticas apuntan ás súas esculturas como combinación de realismo, surrealismo e Abstracción. El mesmo afirma terse inspirado en Diego Velázquez, Urbano Lugrís, Eugenio Granell e Salvador Dalí. Recente é a suxestión de ser definido por unha fusión das tres categorías citadas: REalismo + ABstractismo + SUrrealismo.
Como crítico, ten producido artigos en diversos campos, publicando ademais en 2022 o libro Ciencia e conciencia. Historia social (editado pola Deputación de Lugo), onde fai unha análise da historia da familia Villapol dende a Idade Media.
Museo Etnográfico-Pedagóxico
editarO Museo Etnográfico-Pedagóxico está localizado en Bretoña. Foi fundado por Villapol, inaugurado no 2002.[4] Contén un amplo contido de obras de arte contemporánea e pezas da etnografía rural galega. Amósase a evolución de varios oficios da Galicia rural nas pasadas décadas: zoqueiro, panadero, carpinteiro, zapateiro, cesteiro ou agricultor. Asemade, unha representación recrea unha escola rural unitaria, instrumentos dun médico rural, dun dentista, ou dun químico, sempre no marco do século XIX. Tamén expón manuscritos orixinais de autores como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Bouza Brey, Antón Fraguas, Iglesia Alvariño, Camilo Barcía Trelles ou Castroviejo, así como unha colección de pinturas de artistas contemporáneos: Urbano Lugrís, Laxeiro, Castro Gil, Mariano García Patiño ou Mayor Balboa. Outra das coleccóns inclúe máis de 2000 sifóns orixinais.
Obra literaria
editar- Ciencia e Conciencia. Historia Social (2023). Deputación de Lugo. 356 páxs. ISBN 978-84-8192-581-4. Ensaio.
Coleccións públicas
editarSelección de exposicións individuais
editar- Biblioteca González Garcés (A Coruña)
- Museo Provincial de Lugo
- Ateneo de Ourense
- Sala Edificio Administrativo Xunta de Galicia (en Lugo e Pontevedra)
- Biblioteca Provincial de Lugo
- Sala Esmelgar (Lugo)
- Sala Bacabú (Lugo)
- Sala de Arte Sargadelos (Vigo)
- Sala Eiros (Meira)
- Sala de arte Solloso (Ribadeo)
- Casa de cultura Taramundi
- Casa de cultura de A Guarda
- Casa de cultura de San Tirso
- Museo Comarcal da Fonsagrada
- Sala de arte Puerta II (Lugo)
- Casa de cultura de Cangas do Morrazo
- Grisolart Galeries (Barcelona)
- Igrexa da Madalena, Ribadavia[7]
- Sala de exposicións Universidad Sek (Segovia)[8]
- Expo Salnés, Cambados[9]
- El Vendrell (Tarragona)
- Casa da Cultura, Vegadeo
- Casa da Cultura, Burela
- Sala Álvaro Delgado, Luarca
- Sala Cultural Cajastur (en Avilés, Mieres e Xixón)[10]
- Teatro Campoamor, Oviedo.
- Casa Galicia de Madrid
- Musée des Antiquités (París)
- Houston Public Library, Texas, Estados Unidos de América
- Castelo de Melgaço (Portugal)
Recoñecementos
editar- Arte -Meigas e Trasnos- (Sarria, 1990)
- Premio de escultura cidade de Lugo (1994)
- Certame de Arte en Cangas do Morrazo (2004-2006)
- 10 Edición de Arte de Burela, primeiro premio de escultura (2005)
- Certame Nacional de Arte de Luarca (2006)
Notas
editar- ↑ "O escultor Villapol". 27/10/2007. Consultado o 17/5/2022.
- ↑ Connversa mantida en Bretoña con Fernando Villapol e a súa dona o 23 de maio de 2022.
- ↑ Dato citado na presentación do libro 'Ciencia e conciencia. Historia social' de Fernando Villapol en Ribadeo, o día das letras galegas de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 culturagalega.org (2002-08-21). "O museo de Fernando Villapol". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Proxecto Abertal, 99 artistas lucenses do século XXI / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org (en castelán). Consultado o 2022-05-17.[Ligazón morta]
- ↑ "Museos de Galicia". museos.xunta.gal. Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Fernando villapol Paradar". www.ribadavia.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2012. Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Fernando Villapol en la USEK". archive.ph. 2013-02-13. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 2022-05-17.
- ↑ ":: Canal Rías Baixas · TVSB :: O canal dixital da túa comarca - O escultor Fernando Villapol expón en Cambados baixo a man de Martin Codax". web.archive.org. 2011-07-08. Archived from the original on 08 de xullo de 2011. Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de maio de 2022.