Fernando Ramos Fernández
xornalista español
Luis Fernando Ramos Fernández, nado o 6 de maio de 1948 en Lugo, é un xornalista e profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1948 (76 anos) Lugo, España |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Traxectoria
editarEstudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Traballou en Radio Popular de Ourense (1968-1972), La Voz de Galicia (1969-1972), na COPE en Vigo (1972- 1976), El Ideal Gallego (1973-1977), Faro de Vigo (1976-1981), La Voz de Galicia (1981-1989), Diario 16 de Galicia (1989-1990) e El Correo Gallego (1991-1997) entre outros medios. Estudou dereito na UNED e tras doutorarse en dereito constitucional comezou a dar clases de comunicación radiofónica, dereito da información e a publicidade e protocolo comunicativo na Universidade de Vigo. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo.
Obra
editar- Las segundas elecciones autonómicas gallegas: (historia de una crisis política casi interminable) (1986) con Rodrigo Varela Rodríguez
- La ética de los periodistas: la elaboración del código deontológico, influencias y desarrollo histórico (1996)
- La profesión periodística en España: (estatuto jurídico y deontología profesional) (1997)
- Lugo en el corazón: crónica sentimental de un tiempo evocado : gentes, vivencias, recuerdos y sucedidos de la ciudad que perdimos (1997)
- Los límites de la publicidad (2000) con Mónica Valderrama Santomé e Ana Belén Fernández Souto
- La comunicación corporativa e institucional: de la imagen al protocolo (2002)
- La publicidad contaminada: los consumidores ante la autorregulación publicitaria (2003)
- El Protocolo de empresa: herramientas para crear valor (2008)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Ramos Fernández, Fernando". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 155.
- "Ramos Fernández, Fernando". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
editar- Galegos.info
- Currículum
- Fernando Ramos Fernández: Conferencia inaugural: Cerimonial marítimo: historia, tradicións e uso Congreso Internacional: O Protocolo contemporáneo UNED (en castelán)