Fernando Pensado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Fernando Alfredo Pensado Barbeira, nado na Baña o 5 de agosto de 1952, é un médico e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1952 (72 anos) A Baña, España |
Alcalde de Palas de Rei | |
1999 – 2011 – Pablo José Taboada Camoira → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
1985 – 1999 | |
Alcalde de Palas de Rei | |
1983 – 1985 (dimisión) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, médico |
Traxectoria
editarEstudou o bacharelato no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a exercer como médico en Aranga en 1975. Tras facelo Servizo Militar estableceuse en Navia de Suarna ata que en maio de 1978 se trasladou a Palas de Rei, onde exerceu como médico ata a súa xubilación en agosto de 2022.[1]
Compaxinou a medicina coa actividade política. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular en Palas de Rei e foi elixido alcalde por maioría absoluta, sendo ademais designado nese mesmo mandato deputado provincial. En 1985 foi elixido deputado no Parlamento de Galicia polo que abandonou a alcaldía, se ben se mantivo como concelleiro. Continuou como parlamentario autonómico pola formación popular, seguindo de concelleiro en Palas, ata que volveu ser elixido alcalde nas eleccións municipais de 1999 tras encabezala candidatura do PPdeG e lograla maioría absoluta. Volveu revalida-la alcaldía por maioría absoluta en 2003 e foi designado deputado provincial para ese mandato. En 2007 foi novamente reelixido por maioría absoluta, se ben por tan só dous votos de diferenza sobre o PSdeG-PSOE tras sufrir unha considerable perda de apoios.
En 2011, renunciou a concorrer como candidato á alcaldía, mais continuou na candidatura do PPdeG como número 2 do seu sucesor Pablo Taboada,[2] o cal revalidou a alcaldía para os populares por maioría absoluta. Nese mandato volveu a ser deputado provincial. Continuou como concelleiro tralas eleccións de 2015, 2019 e 2023, polo que seguiu formando parte do goberno de Palas tras renovar Taboada a maioría absoluta á fronte do PPdeG.
Acusación
editarEn maio de 2011 foi denunciado pola interventora municipal por acoso laboral, falsidade en documento oficial, falsificación de certificados, usurpación de funcións públicas, fraude na obtención e ou execución de subvencións públicas, prevaricación e inxurias.[3] En xaneiro de 2019, o Tribunal Supremo revocou a condena por acoso,[4] polo cal puido continuar como concelleiro.
Notas
editar- ↑ Redacción (19 de novembro de 2022). "Fernando Pensado se jubila en Palas después de 47 años como médico". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (6 de marzo de 2011). "Fernando Pensado, número dos de la lista del PP de Palas para las elecciones locales". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2024.
- ↑ Sueiro, Marcos. "Noticia en Xornal de Galicia". xornal.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. Consultado o 13 de maio de 2011.
- ↑ Lois, Elisa (2019-01-10). "El Supremo revoca la condena por acoso del alcalde de Palas de Rei a la secretaria municipal". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-04-30.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: José Manuel Pacín Vázquez |
Alcalde de Palas de Rei 1983 - 1985 |
Sucesor: Manuel Santos Varela |
Predecesor: Jesús María López Cordeiro |
Alcalde de Palas de Rei 1999 - 2011 |
Sucesor: Pablo José Taboada Camoira |