Fernando Pérez López
Fernando Pérez López, nado en Sarria cara a 1944 e finado nomesmo concello o 19 de xuño de 2006, foi un profesor e activista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 ![]() Sarria, España ![]() |
Morte | 19 de xuño de 2006 ![]() Sarria, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, sindicalista ![]() |
Traxectoria
editarProfesor de Filosofía en Ourense e despois catedrático de Filosofía no Instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Fundador da Aula Castelao de Filosofía, da que foi presidente de 2005 ata a súa morte.[1] Vinculado ao nacionalismo e á esquerda, foi dirixente da Asemblea Nacional-Popular Galega en Ourense e responsable da CXTG en Pontevedra. Era membro da asociación Amistade Galego Cubana Francisco Villamil, de Galicia por Palestina e da Asocición pola Defensa da Ría. Foi membro das Redes Escarlata. Finou en Sarria o 19 de xuño de 2006.[2]
Obras
editar- Antón Losada, teoría e praxe, 1984.
Recoñecementos
editarA Aula Castelao fíxolle unha homenaxe popular na praza do Teuco de Pontevedra en xuño de 2006.[3]
Notas
editar- ↑ El Concello premió al Aula Castelao y a Julio Lois por su compromiso social
- ↑ La Voz de Galicia, Monforte, 20-6-2006, p. L2.
- ↑ La Voz de Galicia, Pontevedra, 27-6-2006, p. L5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Homenaxe a Fernando Pérez López, presidente da Aula Castelao. Pontevedra, Praza do Teucro, 27 de xuño de 2006.