Fernando Pérez Fernández
Fernando Javier Pérez Fernández, nado en Barbeito (Vilasantar) en 1972, é un político galego do PPdeG, que é alcalde de Vilasantar dende 2011.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 ![]() Barbeito, España ![]() |
![]() | |
2011 – ← Manuela García Freire ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarNatural de Barbeito, foi técnico de deporte do concello de Vilasantar dende 2006. En 2011 presentouse ás eleccións municipais encabezando a candidatura do PPdeG de Vilasantar. Obtivo a maioría absoluta superando por 27 votos ao BNG (encabezado por Manuela García Freire), obtendo cinco dos nove concelleiros e foi elixido alcalde[1].
No ano 2013 foi imputado tras unha querela do BNG por un suposto delito de prevaricación, ao deixar caducar un expediente ao aparellador do concello, tío del.[2] En 2014 a denuncia foi arquivada por non apreciarse indicios de delito, aínda que si constata "certa inactividade" por parte do alcalde respecto do expediente.[3]
Nas eleccións municipais de 2015, volveu gañar con maioría absoluta as eleccións, aumentando a seis o número de concelleiros obtidos, por tres do BNG.[4] Nas eleccións municipais de 2019 volveu a acadar a alcaldía co mesmo número de concelleiros.[5][6]
Notas
editar- ↑ Sin bastión nacionalista por 27 votos
- ↑ "Nova imputación no PP: o alcalde de Vilasantar por un presunto delito de prevaricación". 17 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "Archivada la denuncia del BNG contra el alcalde de Vilasantar por prevaricación" (en castelán). 5 de abril de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "Fernándo Pérez Fernández continuará como alcalde en Vilasantar" (en castelán). 24 de maio de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ Concello de Vilasantar na FEGAMP
- ↑ "Resultados eleccións municipais 2019". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: Manuela García Freire |
Alcalde de Vilasantar 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo |