Fernando Pérez-Barreiro Nolla
Fernando Pérez-Barreiro Nolla, nado en Ferrol en 1931 e finado en Lancaster (Inglaterra) o 4 de xaneiro de 2010,[1] foi un escritor e tradutor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1931 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 4 de xaneiro de 2010 ![]() Lancaster, Reino Unido ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutor ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Fernando Pérez Barreiro ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Vida
editarFillo do escritor e avogado Fernando Pérez Barreiro, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Sumouse ao ambiente galeguista da capital galega, e grazas a estas relacións consegue un posto de traballo na emisión en galego da radio da BBC británica, onde compartirá espazo con Plácido Castro. Múdase entón a Londres en 1963 e alí traballará para os servizos exteriores da BBC ata 1969, onde empregou o pseudónimo Fernando Nolla[2].
Posteriormente incorporouse como tradutor á Organización Internacional do Café, onde traballou ata a súa xubilación en 1993 e onde seguiu colaborando durante varios anos con posterioridade. Nese tempo licénciase tamén en lingua e literatura chinesa pola universidade de Westminster, e realiza unha estadía en 1982 en Pequín.
Na década dos noventa exerceu como profesor universitario de tradución na universidade de Westminster e na universidade do Val do Támese. A súa relación con Galicia mantívose a través das traducións do inglés ao galego e do seu labor como membro do consello asesor do IGADI. Tamén escribía con regularidade para publicacións galegas, como A Nosa Terra e Tempos novos.
Recoñecementos
editar- Pedrón de honra en 2005.
- Medalla Castelao en 2009.
Obra
editarComo tradutor, levou a Shakespeare por primeira vez ao galego, en 1972, co Macbeth, e tamén foi pioneiro na tradución de obras chinesas ao galego. Tamén traduciu Alicia no país das marabillas e Alicia do outro lado do espello (Lewis Carroll), a canda a súa dona Teresa Barro, e o primeiro deses títulos valeulle o premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís, a nivel estatal.
Traducións
editar- Macbeth, de William Shakespeare (1972)
- Flores e leña (colección de narrativa breve chinesa), (1982)
- Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, (1985)
- Alicia do outro lado do espello, de Lewis Carroll, (1985)
- Breviario do pensamento clásico chinés (2005), premio Plácido Castro de tradución.
Ensaio/memorias
editarNotas
editar- ↑ Xosé Manuel Pereiro (15 de xaneiro de 2010). "O noso home en Londres". El País.
- ↑ "El sabio impasible" Arquivado 28/06/2012, en Wayback Machine., artigo de Eduard Punset, publicado en Muy Interesante, maio de 2011; ligado á web do escritor e xornalista.