Fernando Olmedo Reguera
Fernando Olmedo Reguera, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1873 e finado en Madrid o 12 de agosto de 1936, foi un frade e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1873 Santiago de Compostela, España |
Morte | 12 de agosto de 1936 (63 anos) Madrid, España |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | basílica de Jesús de Medinaceli |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores Capuchinos |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 2 de agosto |
Traxectoria
editarFillo de Fernando Olmedo e Elisa Reguera, propietarios dos almacéns Olmedo da vila de Pontevedra. Nesta cidade fundou o Círculo Católico de Obreros e colaborou en El Criterio Gallego e El Áncora, do que tamén foi director. Tamén colaborou en El Pensamiento Galaico e El Alcance de Santiago de Compostela. Doutorouse en Dereito, e o 15 de febreiro de 1901 ingresou na orde dos capuchinos, sendo ordenado presbítero o 31 de xullo de 1904.
Foi asasinado durante a guerra civil española, e soterrárono na cripta da basílica de Xesús de Medinaceli de Madrid. Foi beatificado o 3 de outubro de 2013.[1]. Na cidade de Pontevedra unha rúa leva o nome Padre Fernando Olmedo.[2]
Notas
editar- ↑ Herrero, Elena (23 de xullo de 2013). "El Padre Fernando Olmedo será beatificado en octubre". Diario de Pontevedra.
- ↑ "Calle del Padre Fernando Olmedo". Callejero.net. Consultado o 24 de outubro de 2024.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bustamante, Crisóstomo de (19--). Posiciones y artículos para el proceso de beatificación y canonización o declaración de martirio de los religiosos capuchinos asesinados en Madrid y el Pardo. pp. 13–18.
Ligazóns externas
editar- Álvarez Castro, Xosé: "O asasinato do padre Olmedo" 31/9/2011.