Fernando Miramontes

sindicalista e político galego

Fernando Miramontes Vázquez, nado na Coruña en 1935 e finado en Vilagarcía de Arousa o 13 de xaneiro de 2021, foi un sindicalista e político galego.

Modelo:BiografíaFernando Miramontes
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Concelleiro
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Dende os 10 anos marchou vivir a Ferrol onde traballou dende os 14 anos como escaiolista. Emigrou a Francia e retornou a Ferrol nos anos sesenta. Sindicalista, foi loitador antifranquista. Foi detido nove veces. Estivo preso no cárcere da Coruña 5 veces e a raíz dos sucesos de Ferrol de 1972 foi torturado salvaxemente pola policía.[1] Militante do PCE Nas primeiras eleccións municipais da democracia foi elixido concelleiro de Ferrol. Volveu ser concelleiro en varias lexislaturas e foi tenente alcalde de Ferrol.[2]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar