Fernando Elboj Broto
Fernando Elboj Broto, nado en Huesca o 14 de xullo de 1946 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 2023,[1] foi un político español, membro do Partido Socialista Obrero Español. Foi alcalde de Huesca entre 1999 e 2010.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1946 ![]() Huesca, España ![]() |
Morte | 30 de xaneiro de 2023 ![]() Huesca, España ![]() |
![]() | |
2007 – 2010 | |
![]() | |
2003 – 2007 | |
![]() | |
1999 – 2003 | |
![]() | |
Alcalde | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Traxectoria
editarNado en Huesca en 1946, foi catedrático de Xeografía e Historia. Membro do PSOE, foi senador pola súa provincia natal entre 1982 e 1989. En 1990 foi nomeado director provincial de educación en Huesca, cargo que desempeñou ata 1994. En 1999 encabezou a lista do seu partido á alcaldía de Huesca, sendo investido alcalde gobernando en coalición con IU e PAR. En 2003 conseguiu a maioría absoluta e gobernou en solitario. En maio de 2007 gañou de novo as eleccións con maioría relativa, gobernando en coalición co PAR.
Tras tres lexislaturas consecutivas como alcalde foi elixido, en 2008, senador. En maio de 2009, remodelou as competencias municipais e, ademais de Senador, Alcalde e concelleiro de Urbanismo, asumiu a concellaría de Medio.
O 3 de xullo de 2010, dimitiu como alcalde de Huesca para concentrarse no seu escano do Senado.[2]
Notas
editar- ↑ Redacción (2023-01-30). "Fallece Fernando Elboj, exalcalde de Huesca durante once años". El Periódico de Aragón (Zaragoza). Consultado o 2023-01-30.
- ↑ "http://www.diariodelaltoaragon.es/NoticiasDetalle.aspx?Id=569354". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2015. Ligazón externa en
|title=
(Axuda)