Fernando Amil Soto
xornalista galego
Fernando Amil Soto, nado en Cuba e finado en Pontevedra en outubro de 1918,[1] foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Cuba |
Morte | outubro de 1918 Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Pai | José Amil Antas |
Traxectoria
editarFillo de José Amil Antas. Presentouse voluntario para a guerra de África en 1909.[2] Colaborou en La Libertad e dirixiu o periódico Faro de Pontevedra (1911-1914). En 1915 foi nomeado auxiliar do servizo catastral da riqueza urbana de Pontevedra[3] e despois foi oficial da oficina do Catastro.
Vida persoal
editarCasou con María Concepción Prieto Carabelos en outubro de 1913 .[4]