Fermín Gutiérrez Lada
Fermín Gutiérrez Lada,[1] coñecido como Segura, Tanque, San Lorenzo e Recalada, nado en La Zorera (Sama de Langreu) en 1916 e finado en Argozón (Chantada) o 10 de outubro de 1953, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 Sama, España |
Morte | 10 de outubro de 1953 (36/37 anos) Argozón, España |
Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Segura San Lorenzo Tanque Recalada |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Traxectoria
editarCombateu no exército republicano na 28 Brigada Mixta, sendo ascendido a sarxento.[2] Coa derrota da República a súa familia foi represaliada e un dos seus irmáns asasinado. Fermin foi encarcerado e despois internado na colonia penitenciaria de Duro-Felguera en Sama de Langreu. Marchou ao Bierzo e operou como enlace da guerrilla. Cando foi descuberto, incorporouse á guerrilla con Manuel Zapico Terente. Despois desprazouse a Galicia.
A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. O 20 de abril de 1949 no lugar do Piricallo milicianos do destacamento foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Samuel Mayo Méndez conseguiu saír do cerco, e Fermín, ferido na mandíbula, conseguiu fuxir chegando ata Cereixa onde se refuxiou na antiga casa reitoral.[3] Dende ese momento converteuse nun guerrilleiro solitario e despois uniuse ao grupo encabezado por Xosé Castro Veiga. En outubro de 1949 reclamouno o xuíz militar de Lugo xunto con outros guerrilleiros encartados na causa 318/49.[4] Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Lugo en marzo de 1950 encartado na causa 13/50.[5] En xullo de 1950 foi reclamado polo xuíz militar de Lugo xunto con José Castro Veiga, Roberto López Rodríguez e Augusto Diéguez Yáñez encartados na causa 144/50.[6] Reclamado novamente en maio de 1951 encartado na causa 76/51,[7] e en marzo de 1953 pola causa 181/52.[8]
O 10 de outubro de 1953 a Garda Civil deulle o alto nun control rutineiro en Argozón (Chantada), fuxiu para agocharse nunha casa e véndose cercado disparouse un tiro na tempa.[9] A Garda Civil levouno a Chantada, pero finou no camiño. Foi soterrado en Chantada.
Notas
editar- ↑ Nalgunhas fontes aparece como Fermín Gómez Segura
- ↑ Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 7-5-1938, p. 430.
- ↑ La delación de un familiar causó hace 72 años la caída de los maquis de Repil
- ↑ El Progreso, 5-10-1949, p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 18-3-1950, p. 3.
- ↑ BOP Lugo, 8-7-1950, p. 4.
- ↑ BOP Lugo, 8-5-1951, p. 4.
- ↑ BOP Lugo, 26-3-1953, p. 4.
- ↑ Arquivo Histórico do PCE
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Francisco Albo (17 de abril de 2024). "Así cayó el último guerrillero que sobrevivió a la batalla de Repil". La Voz de Galicia (en castelán).
- Carlos Méixome (4 de decembro de 2021). "Eladio Ferreiro ou as contradicións". Nós Diario.