Fen
moeda divisionaria chinesa
Fen | |
---|---|
分, fēn en chinés | |
![]() | |
Código: | |
Ámbito: | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Símbolo: | |
Fracción: | |
Moedas: | 1, 2 e 5 fen |
Billetes: | 1, 2, 5, 10, 20 e 50 fen |
Emisor: | |
Taxa de troco: | |
O fen (chinés: 分; pinyin: fēn) é unha moeda divisionaria, utilizada no que se coñece como a Grande China, é dicir, a República Popular da China, República da China (Taiwán), Hong Kong (onde se denomina cent, en inglés) e Macau (denominada avo, en portugués).[1][2]
Historia
editarO fen procede dunha anterior unidade ponderal correspondente á centésima parte dun liang.
A súa cuñaxe dentro do sistema do renminbi comezou en 1949 coa equivalencia da centésima parte do yuan ou a décima parte do jiao, aínda que existían emisións previas tanto en moeda metálica como en papel moeda.[1][2]
Galería
editarEmitíronse moedas de 1, 2 e 5 fen, e tamén billetes de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 fen.[1][2]
Moedas
editarBilletes e selos
editar-
1 fen de 1937
-
2 fen de 1949
-
5 fen de 1945.
-
10 fen de 1938
-
20 fen de 1938
-
50 fen 1932.
-
Selo postal de 2 fen.
-
Selo postal de 15 fen
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Fen". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Fen". En Amandry, M. (2001).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry. Dictionnaire de Numismatique. Larousse. París. 2001. ISBN 978-2035050762