Felipa Jove
Felipa Jove Santos, nada na Coruña en 1969, é a presidenta da Fundación María José Jove e vicepresidenta da corporación Inveravante, presidida polo seu pai, Manuel Jove.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Presidenta da Fundación María José Jove |
Familia | |
Pais | Manuel Jove Capelán ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFelipa Jove cursou estudos de comercio exterior e relacións internacionais, e realizou un máster en dirección de empresas de comercio internacional e un MBA en comercio internacional.[2][3]
A súa traxectoria profesional está ligada ao Grupo Fadesa, onde desenvolveu distintas responsabilidades na súa última década, como a dirección da Xestión da División Patrimonial, que exerceu desde 1999 até 2002,[3] cando foi nomeda vicepresidenta, cargo que desempeñou até 2007.[2]
Además, Felipa Jove é a presidenta da Fundación María José Jove, que promove accións a favor da infancia desde 2003, cando foi constituída en recordo da súa irmá María José, prematuramente falecida.[2][3]
O día 27 de abril de 2006, a Xunta de Galicia aprobou un decreto da Consellería de Educación polo que se nomeaba a Felipa Jove como presidenta do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC),[3] cargo que ocupou até agosto de 2008.[4]
Vida persoal
editarFelipa está casada e ten unha filla chamada Amparo.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Felipa Jove: «El secreto del éxito está en la humildad». ABC, 22/04/2015. Consultada o 10 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Felipa Jove. Biografía na páxina web de La Caixa. Consultada o 10 de setembro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "La Xunta nombra a Felipa Jove presidenta del Consello Social de la Universidade da Coruña". Europa Press (en castelán). 27 de abril de 2006. Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ Felipa Jove, elegida Gallega de Enero por su compromiso social Arquivado 11 de setembro de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 30/01/2011. Consultada o 10 de setembro de 2018.