Feira de Santana
Feira de Santana é un municipio brasileiro do estado de Baía, situado a 115 km da súa capital, Salvador, a cal se chega a través da estrada BR-324. Sitúase nunha das principais conexións de estradas do Nordeste brasileiro, onde converxen estradas que enlazan estados do Sur e do Centro Oeste do Brasil coa cidade de Salvador e con outras importantes cidades nordestinas. Ademais é porta de entrada para o sertão, a zona de clima semi-árido do estado.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Baía ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 480.949 (2000) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.337,993 km² ![]() | ||||
Altitude | 286 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Santa Bárbara (pt) ![]() Ipecaetá (pt) ![]() Conceição do Jacuípe (pt) ![]() Riachão do Jacuípe (pt) ![]() Santo Amaro (pt) ![]() São Gonçalo dos Campos (pt) ![]() Candeal (pt) ![]() Anguera (pt) ![]() Coração de Maria (pt) ![]() Antônio Cardoso (pt) ![]() Serra Preta (pt) ![]() Santanópolis (pt) ![]() Tanquinho (pt) ![]() ![]() | ||||
Santo padrón | Santa Ana ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | prefeitura municipal de Feira de Santana (pt) ![]() ![]() | ||||
• Prefeito (pt) ![]() ![]() | Zé Ronaldo (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Feira de Santana (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 44000-000 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 75 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 2910800 ![]() | ||||
Sitio web | feiradesantana.ba.gov.br ![]() |
Grazas a esa localización privilexiada e á distancia relativamente pequena de Salvador, posúe un importante e diversificado sector de comercio e servizos, ademais de industrias de transformación (algodón, téxtil, alimentos, bebidas, metalurxia, e dous centros industriais con empresas diversas), unha a Universidade (Universidade Estatal de Feira de Santana, con 21 cursos), e tres institucións de ensino superior particulares [cando?].
Como reclamos turísticos, posúe predios históricos, como a Igrexa de Nosa Señora dos Remedios (que presume ser de fins do século XVII), museos, 4 teatros, un observatorio astronómico, e as seguintes festas e eventos:
- Micareta: unha especie de Entroido realizado despois da Pascua
- Exposición Agropecuaria (EXPOFEIRA) no mes de setembro
- As Festas Juninas (que celebran santos populares: Santo Antonio, San Xoán Bautista e San Pedro e ocorren no mes de xuño) dos distritos de São José e de São Pedro dos Humildes
- a Camiñada pola Paz, realizada no mes de marzo de cada ano
- a Festa do Caminhoneiro (caminhoneiro = condutor de camión) realizada no mes de novembro, con shows musicais e xogos.