Federico Mediante

escritor e xornalista asturiano

Federico Mediante Noceda, nado en Abres (A Veiga) en 1888 de pais de Abres e Conforto,[1] e finado en Madrid en 1951, foi un escritor e xornalista asturiano e ligado a Ribadeo.

Modelo:BiografíaFederico Mediante
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor en Wikidata
Abres, España Editar o valor en Wikidata
Morte1951 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra de Melilla Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHorentina Acosta Waytorn Editar o valor en Wikidata

BNE: XX987233

Traxectoria

editar
 
Federico e José Mediante c. 1930.

Fillo do mestre Manuel Mediante, Federico acompañaba ó seu avó materno nas viaxes entre Ribadeo e Xixón no seu barco.[2] Emigrou a Arxentina con 14 anos de idade. Alí tivo varios traballos. En 1907 volveu a España e ingresou como voluntario no Rexemento de Infantaría Príncipe, co que participou na Guerra de Melilla, onde foi feito prisioneiro. Unha vez liberado retornou á súa terra natal.

En 1914 viaxou de novo á Arxentina, onde colaborou con xornais como El Argentino ou El Comercio e fundou La Tarde. Colaborou despois en Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Regional, El Compostelano, La Comarca, Las Riberas del Eo e Vida Gallega.

Traballou de actor de teatro e enrolouse nun circo co que visitou Mercedes, Buenos Aires, onde coñeceu a Horentina Acosta Waytorn coa que casou. Retornou a España, instalándose en Madrid. Alí traballou como explicador de películas de cine mudo.[3]

Anarquista, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Ribadeo onde o seu irmán José rexentaba o Café-Bar Mediante, quedando separado da muller.[1] Ao finalizar a guerra, grazas á carta de recomendación do director de Las Riberas del Eo, puido regresar a Madrid xunto á súa muller.[4] En Ribadeo escribiu Versos de Ausencia e A orillas del Pilcomayo, a súa primeira obra de aventuras, xénero que o faría famoso.

Morreu no 1951 dun cancro de gorxa.[2]

Foi autor de máis dun cento de novelas populares,[5] chamadas daquela 'novelas de un duro',[1] empregando varios pseudónimos, H. A. Waytorn (que son as iniciais da súa muller) e outros como Fred Baxter, Norman Lincoln, Walter Brown, Hendrix Keyne, Spencer Scott, J. Medhel, Bill O'Hara, Boris King, King Drake ou Warner Williams.[4] Na Biblioteca nacional de España hai fichas de 272 das súas obras.[6]

Asemade, escribiu poesía e crónicas a ambas beiras do Atántico.[1]

Recoñecementos

editar

No 2023 publícase "Federico Mediante, el Salgari español", de Ana Rosa Martínez Loredo, neta súa.[2] En 2024 preséntase en Ribadeo unha segunda edición, lanzada por Eoditorial.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "«Mi abuelo escribió 272 novelas de aventuras en los años cuarenta»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-12-08. Consultado o 2024-12-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Un libro recupera la vida y obra del ribadense Federico Mediante, el Salgari español". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-11-12. Consultado o 2023-11-12. 
  3. Sánchez Salas, Daniel (1998). "La figura del explicador en los inicios del cine español" pp. 73-84. Actas del VI Congreso de la A.E.H.C (en castelán).
  4. 4,0 4,1 Martínez Loredo, Ana Rosa (14/12/2021). "Federico Mediante". Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega. 
  5. Cora, Xosé de (13/7/2021). "Federico Mediante, autor de cien novelas, actor, explicador de películas…" (en castelán).
  6. Martínez Loredo, Ana Rosa (2024). Federico Mediante. El Salgari español. Eoditorial. ISBN 9788412847192. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar