Federación Rural Galega
A Federación Rural Galega, FRUGA, é un sindicato agrario galego creado en 2009 coma unha escisión do Sindicato Labrego Galego.
Federación Rural Galega (FRUGA) | |
---|---|
Sindicato agrario de Galiza | |
Historia | |
Fundación | 2009 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Esquerda política |
Outros datos | |
Na rede | |
www.fruga-galiza.org | |
Historia
editarA FRUGA foi creada por unha escisión do Sindicato Labrego Galego que quería aumentar os vínculos deste co BNG e a Unión do Povo Galego[1]. A federación está bastante ben implementada nalgúns sectores, en especial entre os produtores lácteos[2].
Ideoloxía
editarO sindicato é de ideoloxía nacionalista e esquerdista, estando moi unido ao BNG, Confederación Intersindical Galega e Unión do Povo Galego e á liña política destas organizacións. A FRUGA tamén apoia o cooperativismo, a soberanía alimentaria, o feminismo, a independencia e soberanía de Galiza[3] e o ecoloxismo. Tamén é membro fundador da Alianza Rural Galega, que loita contra os proxectos de megaminaría en Galiza[4].
Notas
editar- ↑ El ex sindicalista del SLG Xurxo Álvarez preside desde ayer la Federación Rural Galega
- ↑ La Fruga apoya la huelga de los productores lácteos
- ↑ "Até 12 organizacións reclaman nun manifesto soberanía para acabar co atraso secular da Galiza". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Federación Rural Galega » Alianza Rural Galega presenta manifesto contra a minaria contaminante". Fruga-galiza.org