Faustino Liste Forján
canteiro e sindicalista galego
Faustino Liste Forján, nado en Calo (Teo) o 18 de marzo de 1911 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un canteiro e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1911 Calo, España |
Morte | 12 de setembro de 1936 (25 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | canteiro, sindicalista |
Familia | |
Irmáns | Constante Liste Forján Enrique Líster |
Traxectoria
editarIrmán de Constante e Enrique Líster. Foi presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión o 7 de setembro con José Pose Miguens, José Tourís Castro, Serafín Mariño Santos, Daniel Caamaño Eiras e Luis García Abella, acusados de ser os autores do asalto ao tren en Osebe nas datas do golpe de Estado,[1][2] foi condenado a pena de morte e executado en Compostela con Xoán Xesús González, José Pose, José Tourís e Serafín Mariño o 12 de setembro de 1936.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xenealoxía Enrique Lister (militar) Arquivado 12 de setembro de 2014 en Wayback Machine.