Fascia antebraquial
A fascia antebraquial ou fascia fonda do antebrazo é unha fascia que é a continuación da aponeurose bicipital. Protexe as estruturas do compartimento anterior do antebrazo e do posterior, sendo máis grosa na parte anterior ca na posterior.
Fascia antebraquial | |
---|---|
![]() | |
Antebrazo. | |
Latín | fascia antebrachii |
Insírese no olécrano e no bordo dorsal do cúbito. Na parte máis anterior, xunto aos músculos flexores, dá lugar ao ligamento carpal anterior. Continúase ademais a través do ligamento transverso do carpo e da fascia que cobre o tendón do músculo palmar longo, que finalmente se insire na aponeurose palmar.
Preto do pulso aporta febras para constituír o ligamento carpal posterior.
A parte máis achegada ao pulso é máis delgada, mentres que a parte proximal é máis grosa. No inicio do antebrazo está reforzada polo bíceps braquial na parte anterior e polo tríceps braquial na parte posterior.
A fascia está furada en varios puntos, para poder comunicar o sistema venoso superficial co fondo que drena o membro superior.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.