Faro de Monte Louro
![]() | |
Datos xerais | |
---|---|
Localización xeográfica | Monte Louro |
Localización municipal | Muros, provincia da Coruña |
Construción | 1862 |
Datos técnicos - faro en uso | |
Código internacional | D-1784 |
Descrición | Torre hexagonal |
Altura sobre o nivel do mar | 27 metros |
Altura sobre o terreo | 7 metros |
Características | Fl(2+1) W 12s |
Período | |
Alcance | 9 millas náuticas |
O faro de Monte Louro é un faro situado na Punta do Queixal do monte Louro, na embocadura da ría de Muros e Noia. Comezou a funcionar o 15 de xullo de 1862. Depende da Autoridade Portuaria de Vilagarcía[1]
Historia
editarNos comezos contaba cun aparato catadrióptico de quinta orde, a súa luz era fixa e branca e acadaba as dez millas na normalidade do estado atmosférico.
O edificio é de planta rectangular e ten uns cen metros cadrados, coas dependencias distribuídas por un corredor central. A torre, troncopiramidal e coa sección hexagonal, alcanza os 5.30 m de altura e esta coroada por un balconciño cun lixeiro beiril, unha torre grande cilíndrica e a lanterna, poligonal e de 1.60 m. de diámetro, con cristais planos e montantes verticais.
Unha reforma alterou lixeiramente en 1919 o balconciño e a cuberta, adaptando ao aparato un xogo de pantallas xiratorias movidas por unha máquina de reloxaría da maquinista Valenciana. A característica fixouse en grupos de 4+1 ocultacións brancas.
A lámpada Maris estivo en uso ata o 18 de abril de 1949, en que foi substituída por un sistema de acetileno cun destellador AGA con válvula solar e queimador de 25 litros. A característica pasou a ser de grupos de 2+1 fulgores brancos, cun alcance de doce millas. O persoal suprimiuse e pasou a dar servizo ao faro de Rebordiño.
Actualmente atópase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica subministrada por seis módulos de 75 W/PÁX. Esta reforma foi realizada a principios do ano 1993.
Galería
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3.
- Sánchez García, Jesús Ángel (2004). Faros de Galicia (en castelán). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-38-9.
Outros artigos
editar- ↑ "Relación de faros y balizas dependientes de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía" (PDF). Porto de Vilagarcía (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2013. Consultado o 18 de agosto de 2019.