Falconsat 5
Falconsat 5 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 20 de novembro de 2010 mediante un foguete Minotaur 4 desde o Complexo de Lanzamento Kodiak.[2][5][6]
Falconsat 5 | |
---|---|
![]() FalconSat 5 (á dereita de todo) xunto cos outros catro satélites cos que foi lanzado. | |
Tipo | Tecnolóxico |
Fabricante | Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos |
Organización | Forza Aérea dos Estados Unidos |
Data de lanzamento | 20 de novembro de 2010[1][2][3][4] |
Foguete portador | Minotaur 4[2][5] |
Sitio de lanzamento | Complexo de Lanzamento Kodiak[2] |
Obxectivo da misión | Probas tecnolóxicas.[2] |
NSSDC ID | 2010-062E |
Características
editarFalconsat 5 foi un satélite pertencente ó programa Falcon da Forza Aérea dos Estados Unidos de microsatélites para aplicacións e probas tecnolóxicas. A súa misión foi probar catro experimentos:
- Ion Source, unha fonte de ións.
- WISPERS, que medía os ións resultante do experimento anterior para validar certos modelos de comportamento de ións.
- 'SmartMESA, para medir a densidade e temperatura dos ións ambientais para validar modelos de comportamento da ionosfera.
- RUSS, para medir a intensidade dos sinais UHF e VHF recibidos dende terra para mellor os modelos da ionosfera.
Notas
editar- ↑ N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "FALCONSAT 5 (USA 221)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (27 de febreiro de 2020). "FalconSat 5 (USA 221)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 13 January 2011 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-80141). 17 de xaneiro de 2011: 6. Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Falconsat-5 (USA 221)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FalconSat 5" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ Mark Wade (2020). "FalconSat" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020.