Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela
Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela | |
---|---|
[[Ficheiro:|200px]] | |
Universidade: | Universidade de Santiago de Compostela |
Localización: | Santiago de Compostela |
Campus: | Santiago de Compostela |
Enderezo: | {{{enderezo}}} |
Ano de fundación: | 1957 |
Decano: | Elena Vázquez Cendón |
Docentes: | 25 |
Estudantes: | 300 |
Teléfono: | 881 81 32 19 |
Correo electrónico: | |
Páxina web: | Web oficial |
A Facultade de Matemáticas forma parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e está situada na avenida Lope Gómez de Marzoa, no campus sur de Santiago de Compostela. É a única que hai en Galicia.
Historia
editarA licenciatura en matemáticas iniciouse na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1957-58.[1] A pesar de que a Facultade de Matemáticas se instituíu en 1977, con Enrique Vidal Abascal como primeiro decano, a súa sede continuou na Facultade de Ciencias (hoxe Facultade de Química).[1] En 1983, trasladouse á súa localización actual, un edificio obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat.[2] Coa entrada en vigor da Lei de Reforma Universitaria no curso 1985/1986, a Facultade divídese nos departamentos de Álxebra, Análise Matemática, Estatística e Investigación Operativa, Matemática Aplicada e Xeometría e Topoloxía.
Dende o curso 2008/2009 impártese neste centro o Grao en Matemáticas, ao que se engadiron no curso 2015/2016 os dobres graos en Enxeñaría Informática e en Matemáticas e en Matemáticas e en Física.
Funtor de Breogán é o equipo da Universidade de Santiago de Compostela na Liga Matemática.[3]
Estudos
editarGraos
editar- Grao en Matemáticas[4]
- Dobre grao en Enxeñería Informática e en Matemáticas[5]
- Dobre grao en Matemáticas e Física[6]
Másters
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Facultade de Matemáticas - Historia
- ↑ Facultades de Matemáticas e Bioloxía
- ↑ "O equipo 'Funtor de Breogán' representa a USC na primeira edición da Liga Matemática". www.usc.gal. 2023-10-23. Consultado o 2025-01-18.
- ↑ Grao en Matemáticas
- ↑ Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas
- ↑ Dobre Grao en Matemáticas e en Física
- ↑ Máster Universitario en Matemáticas
- ↑ Máster Universitario en Matemática Industrial
- ↑ Máster Universitario en Técnicas Estatísticas