Ilves (fútbol feminino)
O FC Ilves ou simplemente Ilves é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Forma parte do club polideportivo do mesmo nome. Foi fundado o 10 de abril de 1931 e na tempada 2022 compite na Kansallinen liiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tammelan stadion, un estadio con capacidade para 5 050 espectadores. O seu uniforme titular é camiseta amarela e pantalón verde, mentres que a reserva é integramente verde.
FC Ilves | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Fundación | 1975 | ||
Estadio | Tammelan stadion, Tampere, Finlandia ![]() | ||
Inauguración | 1931 | ||
Capacidade | 5 050 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Kansallinen liiga | ||
2024 | 9.º | ||
Vestimenta | Adidas | ||
Na rede | |||
https://ilvesnaisetjalkapallo.fi/ | |||
| |||
Ilves é o segundo equipo por detrás do HJK de Helsinqui que máis tempadas disputaron a máxima categoría do fútbol feminino finlandés ata 2019 cun total de 31, con todo, o equipo non conseguiu nunca gañar o campionato.[1][2] Ao longo da súa historia conseguiu un total de cinco medallas, dúas delas de prata (1992 e 2015) e tres de bronce (1991, 1993 e 1996),[1][2] e foi outras cinco veces subcampión da Copa de Finlandia (1991, 1997, 2010, 2011, 2014).[3][4]
Historia
editarSe ben o equipo de fútbol masculino do Ilves fundouse o 10 de abril 1931 por Niilo Tammisalo,[5] o equipo feminino non debutou ata 1975, logo da fusión do Ilves-Kissat (que finalizara a liga na quinta posición a tempada anterior) e o Tampereen Palloilijat. Na súa primeira tempada na máxima categoría o equipo de Tampere finalizou na sexta posición dun total de oito equipos, conseguindo a permanencia logo de sumar 12 puntos (tres máis que o KPV, un dos dous equipos que descenderon) cun rexistro de 5 vitorias, 2 empates e 7 derrotas, con 9 goles a favor e 19 en contra.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Pietarinen, Heikki. "Finnish Women Premier Division: All-Time Tables" (en inglés). RSSSF. Consultado o 2 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Pietarinen, Heikki. "Finnish Women League Premier Division: Clubwise Final Placings" (en inglés). RSSSF. Consultado o 2 de xullo de 2022.
- ↑ Pietarinen, Heikki. "Finland – List of Women Cup Finals" (en inglés). RSSSF. Consultado o 2 de xullo de 2022.
- ↑ Pietarinen, Heikki. "Finland – List of Women League First Level Tables" (en inglés). RSSSF. Consultado o 2 de xullo de 2022.
- ↑ "Seuran esittely" (en finés). Ilves ry. Consultado o 29 de agosto de 2023.
- ↑ "Finland - List of Women League First Level Tables" (en inglés). rsssf.org. Consultado o 25 de abril de 2024.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en finés)