FC Argeș Pitești
O FC Argeș Pitești é un equipo de fútbol romanés, da cidade de Piteşti, en Argeș. Actualmente xoga na segunda división romanesa.
Argeș Pitești | |||
---|---|---|---|
Nome | FC Argeș Pitești | ||
Fundación | 1953 | ||
Estadio | Stadionul Nicolae Dobrin | ||
Capacidade | 15.170 | ||
Propietario | Concello de Pitești | ||
Adestrador | Emil Săndoi | ||
Liga | Liga II | ||
Tempada 2017/18 | 4º | ||
Na rede | |||
http://www.argesfc.ro/ | |||
| |||
Historia
editarNa rexión de Argeș o primeiro equipo de fútbol foi o Campulung Muscel, fundado en 1915, e o primeiro na cidade de Piteşti o Sageata, fundado en 1921, a este seguírono o Macaby (1923), o Triumf (1923), o Trivale (1923) e o Victoria i Sportivă Piteşti (1924).
O 15 de agosto de 1926 creouse o Sporting Club Pitesti, que sería o equipo máis importante ata a segunda guerra mundial.
O Argeș Piteşti foi fundado en 1953 co nome de Dinamo Pitești, confirmado cunha orde do Ministerio do Interior o 6 de agosto de 1953, entrando en competición co outro club da cidade, o Sporting Piteşti. Debutou na Primeira División Romanesa no ano 1961 e foi un dos equipos máis importantes na década de 1970, gañando dous campionatos nacionais
Evolución do nome
editar- 1953: Dinamo Piteşti
- 1968: FC Argeş Piteşti
- 1994: FC Argeş Dacia Piteşti
- 2002: FC Argeş Piteşti