Fórmula de Manning
A fórmula de Manning[1] é unha evolución da fórmula de Chézy para o cálculo da velocidade da auga en canais abertos e tubaxes, proposta polo enxeñeiro irlandés Robert Manning, en 1889:
Sendo S a pendente en % da canle.
Para algúns, é unha expresión do denominado coeficiente de Chézy utilizado na fórmula de Chézy,
Expresións da fórmula de Manning
editarA expresión máis simple da fórmula de Manning refírese ao coeficiente de Chézy :
De onde, por substitución na fórmula de Chézy, , dedúcese a súa forma máis habitual:
- ,
ou
- ,
sendo:
- = coeficiente de rugosidade que se aplica na fórmula de Chézy:
- = radio hidráulico, en m, función do tirante hidráulico h
- é un parámetro que depende da rugosidade da parede
- = velocidade media da auga en m/s, que é función do tirante hidráulico h
- = a pendente da liña de auga en m/m
- = área da sección do fluxo de auga
- = Caudal da auga en m3/s
Tamén se pode escribir do seguinte xeito (usando o Sistema Internacional de Unidades):
ou
onde:
- = Área mollada (área da sección do fluxo de auga), en m2, función do tirante hidráulico h
- = Perímetro mollado, en m, función do tirante hidráulico h
- = Un parámetro que depende da rugosidade da parede, o seu valor varía entre 0,01 para paredes moi puídas (p.e., plástico) e 0,06 para ríos con fondo moi irregular e con vexetación.
- = Velocidade media da auga en m/s, que é función do tirante hidráulico h
- = Caudal da auga en m3/s, en función do tirante hidráulico h
- = a pendente da liña de auga en m/m
Para o sistema unitario anglosaxón:
onde:
- = Área mollada, en pés2, función do tirante hidráulico h
- = Perímetro mollado, en pés, función do tirante hidráulico h
- = Un parámetro que depende da rugosidade da parede
- = Velocidade media da auga en pés/s, que é función do tirante hidráulico h
- = Caudal da auga en pés3/s, en función do tirante hidráulico h
- = a pendente da liña de auga en pés/pés
O coeficiente de rugosidade
editarO enxeñeiro irlandés Robert Manning presentou o 4 de decembro de 1889 no Institute of Civil Engineers de Irlanda, unha fórmula complexa para a obtención da velocidade, que podía simplificarse como .
Tempo despois foi modificada por outros e expresada en unidades métricas como .
Cando foi convertida a unidades inglesas, debido a que 1 m = 3,2808 pés, obtívose a súa expresión nese sistema de unidades anglosaxón , mantendo sen modificar os valores de .
Ao facer a análise dimensional de dedúcese que ten unidades . Como non resulta explicable que apareza o termo nun coeficiente que expresa rugosidade, propúxose facer intervir un factor , sendo g a aceleración da gravidade, co que as unidades de serían , máis propias do concepto físico que pretende representar.[2]
O valor do coeficiente é máis alto canta máis rugosidade presenta a superficie de contacto da corrente de auga. Algúns dos valores que se empregan de n son:
Material do revestimento | Ven Te Chow | I. Estradas[4] |
---|---|---|
Metal liso | 0,010 | - |
Formigón | 0,013 | 1/60 - 1/75 |
Revestimento bituminoso | - | 1/65 - 1/75 |
Terreo natural en rocha lisa | 0,035 | 1/30 - 1/35 |
Terreo natural en terra con pouca vexetación | 0,027 | 1/25 - 1/30 |
Terreo natural en terra con vexetación abundante | 0,080 | 1/20 - 1/25 |
Notas
editar- ↑ Tamén coñecida como fórmula de Gaukler.
- ↑ Hidráulica de los canales abiertos. Ven Te Chow, páxina 96, nota 10.
- ↑ Hidráulica de los canales abiertos. Ven Te Chow, páxina 108, táboa 5-6.
- ↑ Instrucción de Carreteras 5.2.I.C.-Drenaje superficial. Ministerio de obras públicas y urbanismo. España. Boletin oficial del Estado 123/1990, 23 de maio de 1990, páx. 14057
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Manuale dell'ingegnere. Giuseppe Colombo. 80a Edizione, Hoepli, 1971. pág. 270.
- Hidráulica de los canales abiertos. Ven Te Chow. 1982. ISBN 968-13-1327-5
- Hidraúlica de canales. Franklin Ramirez. 1991. Editora universitaria UASD.
- Hidraúlica de canales abiertos. Richard H. French. 1988. McGraw Hill, Mexico.