Ezkaroze
Ezkaroze (tamén oficial en castelán: Ezcároz) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, no val de Salazar e a 84 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 329 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 29,27 km² e a súa densidade de poboación é de 11,58 hab/km².
Ezcároz (es) Ezkaroze (eu) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Comarca | Pirinioak (en) ![]() ![]() | |||
Capital | Ezcároz-Ezkaroze (en) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 304 (2024) ![]() | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (zona lingüística) lingua castelá (zona lingüística) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 29,27 km² ![]() | |||
Altitude | 742 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde ![]() | Juan José Layana Barber ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 31690 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 31093 ![]() | |||
Xeografía
editarSituación
editarA localidade de Ezkaroze atópase na parte nordés de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra (Vales Pirenaicos), na comarca xeográfica de Roncal-Salazar e na zona central do Val de Salazar. Está a unha altitude de 742 msnm. O seu termo municipal abrangue unha superficie de 29,27 km² e limita ó norte co concello de Otsagabia, ó leste co de Uztarroze, ó sur co de Orontze e ó oeste co de Jaurrieta.[1]
Cultura
editarSímbolos
editarO escudo de armas da vila de Ezkaroze ten o seguinte brasón:
Trae de goles e un lobo de sable coas unllas douradas, que ten atravesado na boca un cordeiro de prata cos cornos dourados.
Este escudo é o brasón privativo do val de Salazar e ó mesmo tempo, de cada unha das súas vilas. Simboliza a natureza gandeira do val e a necesidade de defender os animais dos ataques dos lobos.[2]
Servizos públicos
editarSanidade
editar- Atención primaria
O concello de Ezkaroze pertence á Área II de Saúde de Navarra Leste e á Zona Básica de Saúde do Val de Salazar, a cal comprende os concellos de: Navascués, Sartze, Ezkaroze, Itzaltzu, Galoze, Espartza Zaraitzu, Jaurrieta, Gorza, Orontze e Otsagabia.
O centro de saúde desta zona atópase situado nesta localidade.[3]
- Atención hospitalaria
O concello pertence á área de Pamplona, onde hai 2 hospitais de nivel terciario, un hospital monográfico de ortopedia e rehabilitación na localidade de Elkano, 4 centros ambulatorios de atención especializada, 3 en Pamplona e un en Tafalla, e 7 centros de saúde mental, 5 en Pamplona, un en Burlada e outro en Tafalla.
Notas
editar- ↑ Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Ezcároz". Gran Enciclopedia Navarra. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2018.{
- ↑ OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 288, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa I. Gobierno de Navarra. p. 19. ISBN 84-235-0076-4.
- ↑ Gobierno de Navarra (ed.). "Ley Foral 22/1985, de 13 de noviembre, Por la que se establece la zonificación sanitaria de Navarra". Boletín Oficial de Navarra. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ezkaroze |