Ezetaerre
Ezetaerre é un grupo de hip hop galego formado na Coruña no 2015.
Ezetaerre | |
---|---|
![]() | |
Orixe | ![]() |
Período | 2015 - presente |
Xénero(s) | Hip hop |
Selo(s) discográfico(s) | Santa Guerrilla
New Beats Panda Artist Management |
Membros | Garchu Pirola Petrowski |
Na rede | |
ezetaerre.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarA traxectoria do grupo comezou en xuño de 2015, cando os tres integrantes fixeron unha canción satírica contra a fusión de dúas facultades na Universidade da Coruña.[1] O nome da banda vén das iniciais de "El zulo rojo", xa que así era como lle chamaban ao piso no que vivían, daquela, dous dos integrantes.[1] A finais dese mesmo ano, publicaron Berros do mar, tema que se integrou posteriormente na maqueta do grupo, publicada en marzo de 2016 e composta por 10 temas.
En maio de 2016, gañaron o III Premio Revenidas de Música Emerxente, que lles deu a oportunidade de actuar en directo na edición dese ano do Festival Revenidas (Vilaxoán).[2] En xullo do mesmo ano, o grupo publicou A herdanza do vento, con Iago Pico na produción e Néboa Films na realización do videoclip. Foi o primeiro traballo do grupo da man do selo independente Santa Guerrilla [1].
En febreiro de 2017, o grupo editou o seu primeiro traballo de estudo, Aspiracións mínimas e urxentes, un LP de 8 temas producido por Iago Pico en Pousada Son Studios. O día do lanzamento do disco, a banda publicou na súa canle de YouTube un videoclip por cada tema do disco, sendo a primeira banda galega en sacar 8 videoclips nun mesmo día.[3] En novembro dese ano, e como homenaxe ao centésimo aniversario da Revolución Rusa, a banda editou o seu EP 100. Este álbum, composto por 3 temas, contou coa produción de Iago Pico e a colaboración dos grupos Satxa e Banda Bassotti.[4]
En novembro de 2018, publicouse o seu segundo disco, titulado Pólvora e tormenta, da man do selo New Beats[5]. Este disco, no que fan paralelismos coa Gran Depresión e o Dust Bowl que asolaron os Estados Unidos de América na década de 1930[6], consta de 11 temas e contou con numerosas colaboracións, entre elas as de High Paw, ZOO ou La Pegatina.[7][8]
No 2020, a banda anunciou un parón indefinido nas súas redes sociais, a consecuencia da pandemia da COVID-19.[9] Porén, a banda colaborou nese ano e no 2021 con outras bandas galegas, como SonDaRúa, TIAM Gz, Pants Off ou Dakidarría.
Membros
editarDiscografía
editarÁlbums
editar- Aspiracións mínimas e urxentes (Santa Guerrilla, 2017)
- Pólvora e tormenta (New Beats, 2018)
EPs
editar- 100 (Santa Guerrilla, 2017)
Sinxelos
editar- A herdanza do vento (Santa Guerrilla, 2016)
- Non é verán de Estrella Damm (Santa Guerrilla, 2017)
- Esmorga Inferno (Santa Guerrilla, 2018)
- A insurxencia por vir (New Beats, 2019)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 ""Somos a xeración á que lle toca mover ficha"". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- ↑ "#Rev16MúsicaEmerxente". Revenidas. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- ↑ "Ezetaerre soltan na rede 8 videoclips nun día". GZmúsica. Consultado o 8 de novembro de 2024.
- ↑ KristiamSoto (2017-11-29). "La Revolución vuelve con Ezetaerre y "100" | Funkmamma". Funkmamma (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-06.
- ↑ culturagalega.org (2018-11-16). "A formación rapeira presentan hoxe o seu segundo traballo longo". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-09-13.
- ↑ "Ezetaerre: “Ademais de loitar na rúa, hai outras cousas moi importantes no día a día como coidarnos entre nós”". Praza Pública. 2018-11-22. Consultado o 2020-09-13.
- ↑ "Xa escoitamos o último de Ezetaerre "Pólvora e tormenta"". Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ "O trío hip hop Ezetaerre publica o seu segundo disco, 'Pólvora e tormenta'". Nós Diario. 11 de novembro de 2018. Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ "Isto levounos á conclusión de que, en consecuencia, debíamos repensar o noso proxecto e o seu enfoque para enfrontarnos". Twitter. Consultado o 2022-02-14.