Extintor
Un extintor[1] é un equipamento de protección contra incendios que se emprega para extinguir ou controlar lumes pequenos en situacións de emerxencia. Non está deseñado para sufocar lumes descontrolados nos que haxa risco para o usuario.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/d9/FireExtinguisherABC.jpg/170px-FireExtinguisherABC.jpg)
Os extintores máis estendidos consisten nun recipiente cilíndrico de aceiro que contén un axente extintor a presión (auga, escuma, bicarbonato de sodio...). Cando se abre unha válvula, o axente sae por un tubo que se ten que dirixir cara a base do lume para apagalo. Xeralmente contan cun dispositivo que prevén a súa activación accidental, que debe ser desactivado antes de emprega-lo extintor.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para extintor.