Expresión
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |
O termo expresión, do latín expressĭo, -ōnis (etimoloxicamente, movemento do interior cara ao exterior, é dicir, unha presión cara a fóra), é a demostración de ideas ou sentimentos.
A expresión pode quedar como un acto íntimo do que se expresa, ou transformarse nunha mensaxe que un emisor transmite a un receptor, co que se converte en comunicación.
Segundo a forma de linguaxe utilizada para a expresión, diferéncianse varios tipos ou formas de expresión:
- a expresión artística, en arte, mediante a linguaxe artística,
- expresión literaria, en literatura, mediante a linguaxe literaria,
- expresión poética, en poesía, mediante a linguaxe poética,
- expresión teatral, en teatro, mediante os anteriores e, ademais, a linguaxe escénica,
- a expresión corporal é o comportamento exterior espontáneo ou intencional, que traduce emocións ou sentimentos mediante a linguaxe corporal (que tamén forma parte de disciplinas artísticas como o mimo, a danza e o propio teatro),
- a expresión facial é a manifestación dos sentimentos a través do rostro,
- a expresión sonora, a que se manifesta a través de sinais acústicas intelixíbeis, e
- a expresión oral, a que se manifesta mediante a fala; o seu oposto é a expresión escrita.
O termo expresión adquire significados moi precisos en distintas disciplinas:
- En bioloxía, a expresión xénica é a transformación da información do ADN en proteínas a través do ARN mensaxeiro.
- En lingüística, unha expresión antonomástica é a utilización do atributo como nome propio.
- En matemática, unha expresión matemática é é unha disposición escrita de símbolos seguindo as convencións sintácticas dependentes do contexto da notación matemática.
- En informática,
- a expresión é parte da programación;
- ademais, a expresión regular é a descrición dun conxunto de cadeas sen enumerar os seus elementos.
- En dereito, a liberdade de expresión, é o dereito humano que consagra a liberdade de comunicar os puntos de vista propios aos demais.