Explorer 48
Explorer 48, tamén coñecido como SAS 2 (acrónimo de Small Astronomy Satellite 1), foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 15 de novembro de 1972 mediante un foguete Scout D1 desde a plataforma de lanzamento San Marco.[1][2][3]
Explorer 48 / SAS 2 | |
---|---|
![]() Representación artística de Explorer 48. | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 15 de novembro de 1972, 22:13 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Scout D1[1][3] |
Sitio de lanzamento | Plataforma de lanzamento San Marco[1][2] |
Obxectivo da misión | Astronomía en raios gamma.[1][2] |
Decaemento | 16 de abril de 1979[4] |
NSSDC ID | 1972-091A |
Masa | 166 kg[1] |
Dimensións | Cilindro de 59 cm de diámetro e 135 cm de longo.[1] |
Características
editarExplorer 48 foi o segundo, tras Uhuru, da serie de observatorios espaciais SAS para o estudo do ceo en lonxitudes de onda enerxéticas. A misión principal do observatorio foi rexistrar a fontes celestes en raios gamma no rango entre 20 e 300 MeV. Como instrumentos levaba un detecetor de centeleo, unha cámara de chispas e un telescopio de partículas cargadas.[1][2][3]
O observatorio tiña forma de cilindro duns 59 cm de diámetro e 135 cm de longo. Do cilindro saían catro paneis solares que alimentaban unha batería de níquel-cadmio de 6 A-h de capacidade. Explorer 48 estabilizábase mediante un volante de inercia interno e un sistema de control por torque magnético co que poder apuntar o eixo da nave a calquera punto do ceo. O observatorio reentrou na atmosfera terrestre o 16 de abril de 1979.[1][2][3]
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (10 de febreiro de 2021). "SAS-B" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2021). "SAS" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SAS B (Explorer 48)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 48 (SAS 2))" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2021). "Explorer 48 / SAS 2" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ "Letter dated 15 January 1973 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-01288). 18 de xaneiro de 1973: 2. Consultado o 14 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 48 |