Evencio Ferrero
Evencio Ferrero Rodríguez, nado en Carballo o 28 de xuño de 1955[1], é un mestre e político galego que dende o 2003 é alcalde desta localidade polo Bloque Nacionalista Galego.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 1955 (69 anos) Carballo, España |
Alcalde de Carballo | |
2003 – ← Manuel Varela Rey | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarFormou parte da corporación municipal do concello de Carballo dende as eleccións municipais de 1979. Foi fundador da Asociación de Veciños de Carballo, da Asociación Cultural Lumieira e da Asociación Deportiva Xiria, amais é socio da Asociación Antidroga Vieiro dende a súa fundación.
Ferrero formou parte do Consello Nacional do BNG a finais da década de 1980 e durante toda a década seguinte, e da Comisión Permanente do BNG, sendo responsable institucional da política municipal dende 1990 ata 1996. É membro do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias, membro do consello de administración de Xestur Coruña, e foi conselleiro xeral da entidade Caixa Galicia. Forma parte do Consello Escolar de Galiza e do Consello Galego de Inmigración, representando os concellos galegos e da Comisión Negociadora para o Pacto Local na área de Sanidade. É presidente da Fundación Comarcal de Bergantiños, da que forman parte os concellos da comarca.
No 2003 Ferrero accedeu á alcaldía de Carballo co apoio do Centro Democrático Independiente e o PSdeG-PSOE, poñendo fin a tres lexislaturas de mandato de Manuel Varela Rey (PPdeG). Nas eleccións municipais do 2007 conseguiu manter a alcaldía experimentando un crecemento no número de votos e apoiado polo PSdeG. Nos comicios municipais celebrados o 22 de maio do 2011 quedou a un concelleiro de acadar a maioría absoluta, pasando a gobernar en minoría trala negativa do PSdeG a formar de novo parte do goberno. Nas eleccións do ano 2015 alcanza a súa primeira maioría absoluta, con 11 concelleiros. Nese mandato foi vicepresidente segundo da FEGAMP. Nas eleccións de 2019 reforzou a súa maioría absoluta cun concelleiro máis, chegando a 12[2]. En 2023 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta, subindo ata 13 concelleiros.
Predecesor: Manuel Varela Rey |
Alcalde de Carballo 2003 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ BNG Carballo (28 de xuño de 2020). "65 anos non se cumpren todos os días. Moitos parabéns, Evencio Ferrero!". Facebook.
- ↑ Concello de Carballo na FEGAMP